Notas de prensa

Portos de Galicia recolleu 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños dos peiraos autonómicos

Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que se desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en cinco peiraos de cada unha das tres zonas administrativas de Portos de Galicia: Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), en Pontevedra.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos . Así o comunicou presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do organismo portuario en Santiago para facer balance das actuacións de limpeza desenvolvidas.

Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en cinco peiraos de cada unha das tres zonas administrativas de Portos de Galicia, como son: Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño, na Costa Cantábrica; Aguiño (Ribeira), O Freixo (Outes), Pontedeume, Sada e Camariñas, na provincia da Coruña e Moaña, Aldán (Cangas), Tragove (Cambados), Vilanova de Arousa e Vilaxoán (Vilagarcía), na provincia de Pontevedra. Este plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables dende o punto de vista ambiental.

Durán Hermida destacou na rolda de prensa que “a experiencia acumulada nos anos anteriores indicábanos a necesidade de continuar con esta iniciativa que permite retirar dos fondos mariños residuos materiais que nunca deberon chegar ao mar”. Así mesmo recalcou que esta actuación “mellora a seguridade nas augas interiores e impulsa a protección da fauna mariña, que pode ser afectada seriamente pola acumulación de residuos nos fondos mariños”.

A limpeza das dársenas implica a recollida selectiva de obxectos do fondo mariño dentro das augas interiores do porto, ben entendido que non se trata dunha dragaxe, senón da recollida de residuos, que se atopan no leito mariño producidos pola caída accidental dos mesmos ou por outras razóns. Con esta acción preténdese sumar á limpeza en terra a limpeza no fondo do mar e mellorar ademais a imaxe das instalacións.

O equipo de traballo que se encarga da limpeza nas dársenas está formado por entre tres e cinco mergulladores e como medios mecánicos contan cun barco con grúa. Ademais a empresa está coordinada en terra coa encargada da limpeza de Portos de Galicia, que ten preparados os contedores para o depósito dos residuos en terra e realiza a súa xestión selectiva.

Nas limpezas realizadas este ano recolléronse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, como rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos e ata un contedor de lixo, unha moto, electrodomésticos e unha embarcación enteira, ademais de restos de varios barcos afundidos.

230.000 quilos en cinco anos

Durante a rolda de prensa, o presidente de Portos de Galicia fixo tamén balance plurianual das cinco edicións do plan que se teñen desenvolvido ata o momento. Así Durán Hermida explicou que en conxunto nas campañas de 2013, 2014, 2016, 2017 e 2018 retiráronse en total 230.000 quilos de residuos dos fondos mariños portuarios autonómicos.

Portos de Galicia, 2018-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES