Notas de prensa

Iniciarase a vindeira semana unha campaña informativa sobre o parasito anisakis

A conselleira do Mar avanzou que a vindeira semana se iniciará unha campaña informativa nos medios de comunicación e nas redes sociais sobre o parasito anisakis, tras presentar a iniciativa ante os membros do pleno do Consello Galego de Pesca para a súa aprobación. A conselleira explicou que se pon en marcha esta iniciativa ante a alarma xerada en relación ao consumo de peixe e ao parasito anisakis sobre a que se vén queixando o sector.

Neste sentido, fixo fincapé na necesidade de traballar conxuntamente entre as administracións e o sector, co fin común de informar e mandar unha mensaxe de tranquilidade sobre este parasito que non supón unha novidade. Ademais, remarcou que en Galicia sempre consumiu peixe e aplicou e aplica a normativa de manipulación con todas as garantías.

Nesta liña puntualizou que, seguindo as indicacións de manipulación, as persoas poden consumir peixe con tranquilidade e reiterou a calidade incuestionable dos produtos do mar de Galicia e a profesionalidade dos produtores da nosa terra. Por este motivo, explicou a conselleira, veise poñer en marcha esta campaña que se centrará en informar sobre o parasito e como evitar riscos e conterá mensaxes de tranquilidade facendo fincapé en que que o consumo de peixe é seguro sempre que se adquira polos canles legais de comercialización.

Ademais, a conselleira sinalou que lle propuxo ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao resto das comunidades autónomas de España a idea de facer unha campaña en conxunto, unha idea, explicou Rosa Quintana, “que foi ben acollida” e que se abordará no mes de setembro.
Posibilidades de pesca para 2019

Na xuntanza tamén se aprobou o ditame sobre a comunicación da Comisión ao Parlamento e ao Consello sobre a consulta das posibilidades de pesca para 2019. Así, Rosa Quintana trasladou que “elaboramos un documento que recolle as propostas de Galicia en relación ao proposto pola Comisión Europea sobre o estado de aplicación da Política Pesqueira Común e á determinación das cotas de pesca do próximo ano”. Así, a través deste ditame que será remitido ao Ministerio e a Bruxelas, Galicia demanda unha flexibilización das cotas en canto ao alcance do Rendemento Máximo Sostible para 2019, pospoñendo ese alcance a 2020.

A maiores, a titular de Mar insistiu que nese ditame tamén se lle traslada á Comisión “o bo estado no que se atopan as pesquerías nos caladoiros nos que faena a nosa frota”, co fin de conseguir incrementar as posibilidades de pesca. Tamén fixo fincapé no esforzo de adaptación que realizou a frota galega á hora de restrinxir o seu nivel de actividade para “seguir tendo posibilidades de pesca e manter vivo o sector”, dixo.
Regulamento de Control

Outro dos asuntos da orde do día foi a presentación do ditame de Galicia sobre a proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello en materia de control da pesca. Nesta materia, Rosa Quintana explicou que este informe recolle as suxerencias e demandas da nosa frota en favor dunha mellora e adecuación do sistema de control. O documento, que foi elaborado polo grupo de traballo designado polo Consello Galego de Pesca, será remitido ao Ministerio e a Bruxelas para que sexa tido en conta nas negociacións
Regulamento que desenvolverá a Lei de Portos

No pleno tamén se abordou a proposta de traballo para a redacción do regulamento que desenvolverá a Lei de Portos, a primeira normativa do seu rango con carácter autonómico, que vén de entrar en vigor o pasado 14 de xuño. O obxectivo esencial deste instrumento normativo é asegurar a correcta prestación de servizos e operacións e o debido uso das instalación. Para elo, fíxanse as normas xerais de funcionamento dos servizos portuarios, xa sexan prestados directamente pola entidade pública Portos de Galicia como por terceiros, en réxime de concesión ou autorización. Así mesmo, deberá contemplar as normas de vixilancia e control dos servizos, o cumprimento das condicións fixadas para a ocupación de dominio público, o uso de instalacións e o exercicio de actividades comerciais e / ou industriais.

Consello Galego de Pesca, 2018-08-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES