A exposición MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, no Museo da Fonsagrada
O próximo luns, dÃa vinte, ás oito do serán, no Museo comarcal da Fonsagrada vaise inaugurar a exposición “MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”, e presentarase o libro “MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS”, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.

Mostra itinerante e publicación son dúas das accións do PROXECTO MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, emprendido por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, D.O. Ribeira Sacra e Real Academia Galega, contando nesta ocasión tamén coa colaboración do Concello de A Fonsagrada e do Museo fonsagradino.
A exposición –iniciada en Lugo e Paradela- tense xa trasladado aos Centros galegos de Barcelona e Salamanca, Lectorados de Galego en Braga e Porto, Casa de Galicia en Madrid, as sete cidades de Galicia e numerosas localidades do paÃs. O libro de homenaxe ao escritor conta con colaboracións, entre moitos outros autores, de Alonso Montero, Adolfo de Abel, José de Cora, Xesús Mato, Siro, Alfonso Blanco Torrado ou Xavier RodrÃguez Barrio.
No acto inaugural participarán os representantes dos concellos de Paradela e Fonsagrada; o Presidente do Museo da Fonsagrada, Xoán Xosé Molina; Santiago RodrÃguez, fillo do escritor, no nome da familia e o Director de Galicia Digital, Antonio Giz. Neste acto, o cantautor de Becerreá afincado en Barcelona, Alfredo González Vilela, interpretará varias cancións sobre textos de Manuel RodrÃguez López, aos que lles puxo a música e forman parte do seu repertorio habitual.
GaliciaDigital, 2018-08-17
Actualidad

O 8 de setembro, en Outeiro de Rei - Penas de Rodas, Cemiterio e Campa de Santa Sabela - , desde 2005, celébrase a "Memoria da Chaira enteira" na lembranza de Manuel MarÃa, no cabodano do seu pasamento, organizada pola Asociación Xermolos, de Guitiriz e a Irmandade Manuel MarÃa.
Os actos comezarán ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante RÃo Ladra, para seguir ás 17,00 cun recital nas Penas de Rodas, a cargo de voces amigas do Manuel que len anacos da súa poesÃa ou creacións propias na súa lembranza.

Estes espazos ofrecerán asesoramiento aos veciños que o precisen da man de técnicos da Xunta para axilizar a tramitación das axudas e para ofrecer a información sobre a situación . ConcluÃu o Presidente que haberá "rapidez en sacar axudas e rapidez en concedelas, e que a xente teña o diñeiro que precisa o antes posible".
Notas
Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de RÃo
As persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras nestes municipios a través da páxina web oficial da campaña ou directamente nos establecementos participantes co gallo de participar no sorteo de tarxetas prepago de 50 euros
O galardón, creado polo Instituto de Estudos do Territorio, pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural, distinguindo aos municipios máis dinámicos neste eido.