A USC edita o libro dixital 'Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno'
Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de FÃsica Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.
Como se puxo de manifesto na presentación aos medios de comunicación celebrada este mércores na ReitorÃa da USC, o centenar de imaxes contidas no libro son “unha selección dos mellores fotógrafos do ceo nocturno de Galicia” e achega “a súa ollada particular para esta obra, que nos advirte que por riba das nosas cabezas hai unha beleza na que cómpre reparar”. Asinan as imaxes do libro Óscar Blanco, Ana GarcÃa, Daniel Llamas, Daniel Lois, Alfredo Madrigal, Pablo M. Alemparte, Fernando Rey, Ãngel R. Arós e Alba RodrÃguez.
En opinión de Jorge Mira esta é “a primeira obra na que se simboliza o labor dunha xeración única de fotógrafos e fotógrafas do ceo”, polo que considera a publicación do libro como “o sÃmbolo do nacemento desta xeración” como colectivo. Un grupo de persoas aos que cualificou como un “prodixio tecnolóxico dotados dunha gran competencia técnica”. Inicialmente presentada en versión galegas, o libro terá no futuro versións en castelán, inglés e portugués.
En formato dixital, o libro presentouse no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés; e Óscar Blanco en representación dos fotógrafos que presentan os seus traballo na obra. Blanco, en representación do cadro de co autores, reivindicou Na procura da noite como unha chamada de atención sobre o valor do ceo como paisaxe pola súa extraordinaria beleza e como un recordatorio de que formamos parte dun sistema composto por millóns de estrelas, nebulosas e astros.
Universidade de Santiago de Compostela, 2018-07-18
Actualidad
A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mÃnimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, asà como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propÃciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os dÃas 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.
Notas
Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo fÃsico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suÃza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalÃan os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre CriminoloxÃa, PsicoloxÃa XurÃdica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).