Industria e administracións danse cita a finais de semana no 'Inside the Lab' do CiTIUS da USC
O Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas da Información da USC (CiTIUS) convoca por cuarto ano consecutivo a representantes da industria e o sector público na xornada de portas abertas 'Inside the Lab' do vindeiro 6 de xullo. Quen desexe participar no encontro, concibido para pór en valor os últimos avances de investigación desenvolvidos no centro, deberá cubrir antes do 5 de xullo o formulario de inscrición.

Será o venres cando os asistentes terán a oportunidade de descubrir unhas tecnoloxÃas que contan xa cun grao óptimo de innovación e madurez, o que as convirte en candidatas ideais para seren transferidas. Entre as 10:00 e as 14:00 horas, distintos puntos de información repartidos polo centro destacarán algunhas das múltiples aplicacións coas que contan estes sistemas.
Tras o éxito de participación de edicións anteriores, os cientÃficos confÃan en atraer de novo o público máis especializado co obxectivo de trasladarlle as vantaxes competitivas dos seus resultados de investigación.
Na xornada participarán tamén responsables das dúas spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS: Situm, que centra a súa actividade nas tecnoloxÃas de xeoposicionamento en interiores, e Imagames, orientada ao desenvolvemento de solucións de gamificación en diversos dominios como a formación de empregados, as técnicas de aprendizaxe virtual ou o márketing dixital.
Universidade de Santiago de Compostela, 2018-07-04
Actualidad

O 8 de setembro, en Outeiro de Rei - Penas de Rodas, Cemiterio e Campa de Santa Sabela - , desde 2005, celébrase a "Memoria da Chaira enteira" na lembranza de Manuel MarÃa, no cabodano do seu pasamento, organizada pola Asociación Xermolos, de Guitiriz e a Irmandade Manuel MarÃa.
Os actos comezarán ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante RÃo Ladra, para seguir ás 17,00 cun recital nas Penas de Rodas, a cargo de voces amigas do Manuel que len anacos da súa poesÃa ou creacións propias na súa lembranza.

Estes espazos ofrecerán asesoramiento aos veciños que o precisen da man de técnicos da Xunta para axilizar a tramitación das axudas e para ofrecer a información sobre a situación . ConcluÃu o Presidente que haberá "rapidez en sacar axudas e rapidez en concedelas, e que a xente teña o diñeiro que precisa o antes posible".
Notas
Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de RÃo
As persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras nestes municipios a través da páxina web oficial da campaña ou directamente nos establecementos participantes co gallo de participar no sorteo de tarxetas prepago de 50 euros
O galardón, creado polo Instituto de Estudos do Territorio, pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural, distinguindo aos municipios máis dinámicos neste eido.