Notas de prensa

Os encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa atópanse case ao 99 por cento da súa ocupación total

Estes encoros que administra Augas de Galicia, atópanse ao 91,12% da súa capacidade total. Os de abastecemento, ao 98,91 %, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 90,33%.

Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos desta Demarcación, e se indica que os 19 encoros de Galicia-Costa contan cun volume de auga encorada de 628,86 Hm3, do volume total de 690,15.

As presas de abastecemento de Forcadas e Beche atópanse ao 100 por cento da súa ocupación; mentres que as de Cecebre, Eiras, Zamáns, e Baiona superan a media de ocupación dos encoros de abastecemento, e o encoro de Vilagarcía (48,02 por cento) é o que presenta a menor porcentaxe de volume encorado.

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro do Eume é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 96,46 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 19,04 por cento por riba, xa que o 25 de xuño de 2017 estaban ao 71,29 por cento.

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, 2018-06-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES