Notas de prensa

Arranca a nova tempada dos 'Trens Turísticos de Galicia'

As rutas dos Faros e a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo río Sil inauguraron esta fin de semana cun cen por cen de ocupación nas súas primeiras saídas, a sexta edición do programa Trens Turísticos de Galicia. Desde hoxe e ata o mes de outubro realizaranse 56 saídas nas 12 rutas temáticas programadas e que, por primeira vez, inclúen teatralizacións nalgúns itinerarios a cargo de personaxes que descubrirán a historia dos lugares que atravesan.

As dúas rutas inaugurais que saen hoxe permiten coñecer boa parte dos mellores recursos da costa e do interior de Galicia. No caso do itinerario dos Faros, este ano inclúe por vez primeira un programa opcional para coñecer Ferrol en profundidade. O seu percorrido, comprende, entre outros, unha visita a Cabo Ortegal, Santo André de Teixido, o Cabo de Estaca de Bares, O Barqueiro ou Ribadeo. Pola súa banda, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra polo Sil permite coñecer enclaves como Monforte de Lemos, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e inclúe visitas a adegas desta Denominación de Orixe e paseo en catamarán.

Xunto a elas, nos vindeiros meses esta proposta turística permitirá introducir novidades como a nova Ruta dos Mosteiros, coa que se poderán visitar o pazo de Oca, e o mosteiro de Carboeiro, ademais do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou o templo da Veracruz do Carballiño. Rematarase a xornada no balneario de Caldas de Partovia. Tamén se estreará a Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Miño. No seu itinerario estarán presentes, espazos como o Ecomuseo Arxeriz amais dun paseo en catamarán polo Miño.

A elas sumaranse, a Ruta polos Pazos e Xardíns Históricos de Galicia, a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras, a Ruta do viño das Rías Baixas, a Ruta dos viños do Ribeiro-Rías Baixas, a Ruta do Viño Monterrei, a Ruta da Lamprea, a Ruta Lugo Romano e a Ruta Ourense termal e Versalles, que remata nas Termas de Outariz. As viaxes teatralizadas pola Ruta do Viño Monterrei, a Ruta dos Viños do Ribeiro e Rías Baixas e a Ruta Lugo Romano.

Turismo de calidade e sustentable

Os Trens Turísticos de Galicia 2018 son unha proposta de turismo de calidade, tranquilo e sustentable que encaixa co modelo turístico galego plasmado na Estratexia do turismo de 2020. Inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 40 euros para adultos e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens Turísticos.

Trens Turísticos de Galicia, 2018-06-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES