Notas de prensa

A Academia Galega do Audiovisual entrega os II Premios María Luz Morales de investigación audiovisual

Organizados pola Academia co respaldo das catro deputacións galegas, co obxectivo de avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, estes premios ofrecen ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos en formato audiovisual ou escrito. Levan ademáis o nome dunha xornalista que foi a primeira directora dun xornal diario estatal e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais.

A Academia Galega do Audiovisual entregará o vindeiro martes, día 5 de xuño, os premios María Luz Morales, que chegan á súa segunda edición coa vontade de promover a investigación científica no ámbito audiovisual. Esta novidosa iniciativa, que conta coa participación das catro deputacións galegas, destacará catro traballos, de videoensaio e ensaio escrito, de ámbito galego e internacional, con cadanseu galardón e 1.200 euros de premio.

No acto de entrega terá lugar o vindeiro martes, día 5 de xuño, ás 19h, na Sala de Plenos da Deputación de Lugo e contará coa participación de Darío Campos, Presidente da Deputación de Lugo; Goretti Sanmartín Rei, Vicepresidenta da Deputación de A Coruña; Xosé Leal, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra; María Yáñez, en representación do xurado dos Premios; e Carlos Ares, Presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Os premios María Luz Morales pretenden avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, ofrecendo ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos tanto en formato audiovisual como escrito. Levan o nome dunha xornalista galega que foi pioneira no Estado, ao converterse na primeira directora dun xornal diario, e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais. Morales foi tamén un referente na defensa dos dereitos das mulleres, represaliada e apartada da profesión durante o franquismo.

María Luz Morales (A Coruña, 1889 - Barcelona 1980). Escritora e xornalista, especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX. Mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.

Academia Galega do Audiovisual, 2018-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES