Notas de prensa

Inaugurada na Coruña a exposición itinerante 'Picasso. A viaxe do Guernica'

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou nos Xardíns de Méndez Núñez, a exposición itinerante Picasso. A viaxe do Guernica, unha proposta da Obra Social Caixa que se poderá visitar até o 20 de xuño 'e que supón unha oportunidade para profundar no coñecemento do Guernica e nos procesos creativos dun dos artistas máis destacados da historia, así como para achegarnos á nosa propia historia'.

"A relación entre o Guernica e a Guerra Civil Española é evidente, pero probablemente sexa máis descoñecido o periplo posterior do cadro, que viaxou por moitos países europeos e foi acollidos durante décadas no MoMa, o museo de arte moderna de Nova York, nunha sorte de exilio durante a ditadura, que encaixa co destino de tantas obras e tantos intelectuais, dos que en Galicia temos sobrados exemplos, aos e as que non lles quedou máis saída que fuxir da imposición e do terror", expuxo o rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro de Culturas, José Manuel Sande.

O alcalde referiuse tamén á figura de Picasso como veciño da Coruña. "Aínda que viviu só catro anos na nosa cidade, foi unha etapa fundamental na súa formación e na que realizou a súa primeira exposición. É unha boa nova que A Coruña, cidade dos museos, acolla unha mostra sobre Picasso. Axúdanos a completar o círculo e a poñer ao alcance da nosa veciñanza unha obra de excepción e de vangarda".

Concello da Coruña, 2018-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES