Notas de prensa

Este sábado terá lugar en Ribadavia a terceira edición do festival de ukelele, Ukp Day

Concertos exclusivos con ukelele, charlas, obradoiros infantís, mercadillo de deseño, zona de xantar con postos de comida ou intervencións artísticas en directo son algunhas das propostas que se poderán gozar este fin de semana dentro do Castelo de Ribadavia con motivo do Ukp Day, o primeiro festival de ukelele de Galicia. O 2 de xuño a iniciativa celebra a súa terceira edición, consolidándose como o primeiro festival de música que abre a tempada festivalera de “verán”.

O festival este ano aposta, ademáis, pola internacionalidade do festival, con artistas provenientes de latinoamerica, Estados Unidos ou Portugal, e tamén pola variedade de estilos, facendo fincapé na versatilidade do ukelele ao que renden homenaxe. Así, no festival poderase gozar dende o rock’n’roll ao máis puro estilo anos 50 con Noe Black & The Bang Band, ata o punkgrass máis senlleiro de Os Novos, pasando tamén polos ritmos latinos de Yoyo Borobia, o pop dos portugueses L’Mantra ou o hippiepunk de Hardcute Ukelele.

A formación ourensán de folk Os Amigos dos Músicos serán os encargados de poñerlle o broche de ouro final ao evento, cun concerto especial que ofrecerán no Auditorio do Castelo.

O Ukp Day é un evento para tódolos públicos, que mistura o concepto de festival de música co de romaría popular. A entrada é de balde e celebrase en horario diúrno de 12:00h a 22:00h.

Máis información na páxina web: www.ukpday.com

Festival Ukp Day, 2018-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES