Notas de prensa

A xornalista Julia Otero gaña o XIV Premio José Couso de Liberdade de Prensa

A xornalista monfortina Julia Otero é a gañadora da XIV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. A premiada afirmou sentirse "abrumada e mandou "un recordo especial" á familia de Couso.

O acto contou coa participación de Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas, Darío Janeiro, secretario do Premio José Couso, e Jorge Suárez Fernández, alcalde de Ferrol.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, abriu o acto destacando o feito de que o Premio José Couso de Liberdade de Prensa é un galardón "plural, democrático e aberto, expresión máxima da liberdade de prensa" no que as colexiadas e colexiados do CPXG e os socios e socias do Club de Prensa de Ferrol elixen a persoa ou organización gañadora.

Francisco X. González Sarria lembrou que o Premio Couso serve, ademais de para recoñecer a unha persoa ou organización destacada na defensa da liberdade de prensa, "para demandar un ano máis xustiza polo crime" do que foi víctima José Couso, un crime do que se fan xa 15 anos. González Sarria salientou tamén que este ano o fallo coincide "coa maioría de idade do Colexio de Xornalistas de Galicia, que elexía a súa primeira xunta de goberno hai 18 anos".

O decano do Colexio de Xornalistas destacou tamén que as candidaturas deste ano representan "catro alternativas que por diferentes motivos exemplifican plenamente o que un xornalista identifica como modelos no exercicio do noso oficio" e que "cecais por iso, poucas veces se ten producido unha votación con tanta igualdade entre os candidatos".

Pola súa banda, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz, sinalou que nestes momentos, coa aplicación da "Lei Mordaza", "está ameazada a liberdade de prensa". Reivindicou tamén que José Couso "foi asasinado, tal e como dictaminou a xustiza" e que o dereito á xustiza debera ser igual "para todos, tamén para Couso, independentemente do partido político que goberne".

Darío Janeiro, como secretario do premio, deu lectura á acta do fallo, asinada polo señor notario D. Héctor Pardo, do Ilustre Colexio Notarial de Galicia. Abertos os votos, e recontados polo notario, este levantou acta da repartición dos mesmos entre as catro candidaturas que optaban ao galardón. Como consecuencia deste escrutinio, resultou vencedora, con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado, a candidatura de Julia Otero. Como cada ano, a candidatura gañadora foi elixida en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa.

A continuación, o decano do Colexio de Xornalistas contactou coa premiada, que afirmou sentirse "abrumada", posto que pensaba que "coas outras candidaturas que había non tiña ningunha esperanza". Julia Otero deu as grazas aos compañeiros e compañeiras de profesión polo premio e mandou "un recordo especial" á familia de Couso. Tamén confirmou a súa presenza na entrega do galardón, que se vai realizar o vindeiro 3 de maio en Ferrol.

Pechou o acto o alcalde de Ferrol expresando os seus parabéns pola eleccion dunha premiada "cunha traxectoria máis que contrastada" e recordando que "este premio sirve de acento para seguir pelexando para pedir xustiza". Suárez afirmou que "hai que reivindicar sempre o xornalismo e a dignificación desta profesión cunha situación tan precaria".

A premiada

Julia María Otero Pérez (Monforte de Lemos, 1959) chegou á radio de maneira casual e á idade de 17 anos, na emisora Radio Sabadell. Pasou por Radio Juventud e por Radio Miramar, ambas de Barcelona. A súa carreira en televisión se inicia paralelamente no 1987, aparecendo en varios programas nos seguintes anos, todos eles ligados a Televisión Española. En 1991 volve á radio, á Onda Cero con La Radio de Julia, ata que en 1999, a ONCE vende a emisora ao Grupo Telefónica que decide retirar o seu programa a pesar de ser líder de audiencia, o que causou bastante polémica dado que se atribuía a cuestións políticas.

Máis tarde volvería á televisión, a TV3 e a TVE. De xaneiro de 2006 a xullo de 2007 dirixiu e presentou Protagonistas no seu último tramo. Pero en setembro de 2007 volveu a Onda Cero e dende entón presenta e dirixe o programa Julia en la onda, combinándoo con algunhas aparicións en TVE e Antena 3. Ten recibido numerosos galardóns tanto polo seu traballo en radio como en televisión, entre eles catro Premios Ondas, dous Micrófonos de Ouro, un Antena de Ouro, dous TP de Ouro ou o Premio Ciutat de Badalona de Comunicación, que a sitúan como unha das xornalistas de maior recoñecemento na actualidade.

Julia Otero sumase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Jordi Évole (2015), Miguel Ãngel Aguilar (2016) e Xosé Hermida (2017) foron ata agora os galardoados coa estatuiña das ‘Ãs CeibesÂ’.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2018-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES