Notas de prensa

Arranca no Paraninfo da USC o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais con 23 promesas

Comeza no Paraninfo da Universidade o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais que, co organizado con Compostela Sound, se desenvolverá ata finais de marzo. Serán en total nove recitais interpretados por 23 promesas galegas da música e un cuarteto de clarinetistas. O ciclo remata o 24 de marzo cun concerto de piano e clarinetes.

Todos os concertos serán no Paraninfo da Universidade (con entrada libre ata completar aforo) excepto o do 3 de marzo, que terá lugar na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, e o do 10 de marzo, que desenvolverá a primeira parte na Igrexa e a segunda no Paraninfo. Os programados pola semana serán sempre ás 20.30 e os dos sábados ás 12.00 horas.

Programa

O ciclo comeza o luns 19 no Paraninfo coa actuación do guitarrista Manuel Pérez Vázquez e a saxofonista Andrea González Pérez. Continuará o sábado 24 horas coa violinista Valeria Martínez Malec, o pianista Jacobo Ramos Casariego e o saxofonista Manuel García Carrera.

O luns 26 actuarán Óscar Vázquez Valiño (trombón baixo), Sergio Gómez Rodríguez (piano) e Francisco Gaspar Tomás López. Xa o sábado 2 de marzo será a quenda dos violinistas Alfonso Sánchez Velazco, Paula Diz Parrondo e Javier Crugeiras Ríos.

O ciclo continúa o luns 5 de marzo cos recitais de Beatriz Sánchez Morales (frauta travesa), Andrea Ramos Diéguez (clarinete) e David Poghosyan Antonyan (violín). O concerto do sábado 10 correrá a cargo de Adrián Regueiro García (órgano) e o dúo de voz e piano de Esperanza Mara Filgueira Rama e Estefanía Cereijo Omil.

Uxía Gómez Medal (violín), Yuri Durán Castro (piano) e María Rodríguez Estévez serán quen protagonicen o recital do luns 12; para continuar o ciclo o mércores 21 coa actuación de Buruktawit Martins González (violín), Martín Manuel Chaves Fraga (piano) e Manuel Doel Carreira.

O último dos concertos, o do sábado 24 de marzo, correrá a cargo de Ana María Senn Lozoya (piano) e do cuarteto de Clarinetes ‘Tetramorph’.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2018-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES