Notas de prensa

O calendario de 2018 do Concello de Santiago de Compostela promociona as ilustracións de 13 artistas

Xa está dispoñible o calendario municipal coas ilustracións de 13 artistas. O Concello de Santiago de Compostela vén de editar, por segundo ano consecutivo, un calendario municipal que conta coas ilustracións de 13 artistas participantes na segunda edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada". Incorpora tamén as festas dos barrios de Compostela.

O calendario foi enviado a todos os centros escolares e pode descargarse tamén en formato pdf dende a web municipal. Ademais, as persoas que desexen telo fisicamente poderán conseguilo a través dos Centros Cívicos das Fontiñas. Castiñeiriño, Vite, Santa Marta e o Ensanche. Os ilustradores e ilustradoras son Alfredo, Jorge Arranz, Eduardo Baamonde, Blanca Escrigas, Ana Luisa Frazao, Joaquín González Dorao, Munehiro Ikeda, Fernanda Lamelas, Lapin, Miguel Anxo Prado, Santiago Ríos, Teresa Ruivo e Isabell Seidel.

Cada mes do ano vén acompañado dunha ilustración de Compostela que amosa o seu patrimonio histórico, recunchos do casco vello e a vida da poboación compostelá. Ademais de marcar os festivos estatais, nacionais e locais (10 de maio, Ascensión e 16 de agosto, San Roque), o calendario tamén incorpora eventos ou datas relevantes desde o punto de vista social, literario ou artístico.

Na última páxina incorpora unha novidade, como son as festas dos barrios e parroquias de Compostela.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2018-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES