Notas de prensa

Fállase o XLII Certame de DEBUXO INFANTIL do Belén de Begonte

Ramiro Parga, do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, e Carla Souto Gutiérrez, do CEIP Mato Vizoso, de Vilalba, resultan gañadores nas categorías A (ata 10 anos) e B (de 11 a 15 anos) do XLII Certame de DEBUXO INFANTIL do Belén de Begonte. Os premios do certame, no que participaron 157 debuxos, entréganse o 27 de xaneiro.

Ven de reunirse o Xurado do XLII CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de Begonte co patrocinio da Caixa Rural Galega, formado por JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN (Presidente do Centro Cultural), MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ (pintor) e XULIO XIZ (Vicepresidente do Centro), acordando por unanimidade conceder os seguintes premios:

Categoría A (Ata 10 anos)

Primeiros premios
RAMIRO PARGA PIÑEIRO. 9 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte
DANIELA YÁÑEZ LORENZO. 9 anos. Colexio Juan Rey-Lourenzá
SILVIA OTERO CORRAL. 8 anos. Ceip de Baamonde

Segundos premios:
CARLA SOUTO GUTIÉRREZ. 10 anos. Ceip Mato Vizoso –Vilalba
PABLO CASTAÑO LÓPEZ. 10 años.Colexio La Milagrosa-Lugo
JIMENA FDEZ.-REINANTE PEREZ. 9 anos. Ceip S. Miguel de Reinante
UXÍA MARTÍNEZ GONZÁLEZ. 5 anos. Ceip Insua Bermudez-Vilalba
DANIELA FREIXO FORÉS. 7 anos. Ceip Foz número 1

Categoría B (11 a 15 anos)

Primeiros premios:
ELIAN GARCÍA GONZÁLEZ. 11 anos. – Colexio O Cantel (Foz)
MARÍA JANEIRO FERNÁNDEZ. Ies Vilar Ponte (Viveiro)
ALEX LÓPEZ RAMIL. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño- Begonte

Segundos premios:
EMMA REGO EIROA. 14 anos. Ies Vilar Ponte – Viveiro
MARÍA GARCÍA-ANLLO SECO. 11 anos.Ceip Insua Bermúdez-Vilalba
LUCÍA CASTAÑO LÓPEZ. 11 anos. Colexio La Milagrosa-Lugo
ANTÍA MIRAGAYA VÁZQUEZ. 11 anos. Colexio La Milagrosa-Lugo
ERIKA GONZÁLEZ SOLA. 11 anos. Ceip Virxe do Corpiño-Begonte

Participaron no certame un total de 157 traballos, dos que 104 corresponden á Categoría A, e 53 ás da Categoría B. Os primeiros premios están dotados con 60€ e estatuíña de Sargadelos, e os segundos con 30€ e estatuíña. Os premios serán entregados o próximo vintesete de xaneiro, sábado, ás cinco da tarde, no salón de actos do Centro cultural José Domíngez Guizán de Begonte, no decurso dos actos de clausura de “O NADAL DE BEGONTE”.

Información en: http://www.belendebegonte.es/

Belén de Begonte, 2018-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES