
Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVIII CERTAME GALEGO DE ARTE JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÍGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto.
Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
· Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500 e estatuíña de Sargadelos, a FERNANDO VILLALBA, de Lugo, pola obra El bosque".
O premio será entregado no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE, a celebrar o próximo 27 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.