Notas de prensa

Convocadas novas edicións dos premios de literatura dramática Ãlvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde

Publícanse as bases dos tres certames e ábrese ata o 10 de maio de 2018 o prazo de recepción de orixinais. Os galardóns, que suman unha dotación económica total de 24.000 euros, buscan estimular e recoñecer a creación literaria no eido teatral. Os tres premios comparten como obxectivo servir de estímulo á creación literaria no eido dramático galego.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as novas edicións dos premios Ãlvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto.

As bases destes galardóns, de periodicidade bienal e cunha dotación económica total de 24.000 euros, publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171228/AnuncioG1097-041217-0009_gl.html). O prazo de recepción de orixinais prolongarase ata o 10 de maio de 2018.

Os tres premios comparten como obxectivo servir de estímulo á creación literaria no eido dramático, así como procurar o seu maior recoñecemento e proxección social. Neste sentido, ademais da dotación económica, as bases contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Agadic mantén en colaboración con varias editoriais galegas.

Para textos inéditos e non representados

Poden optar a estes galardóns aquelas persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego normativo e non representados nin premiados noutros certames. Nos tres casos, o tema e a extensión poderán ser libres, aínda que deberán ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral, de xeito que non serán admitidas as obras de teatro breve. No caso do Ãlvaro Cunqueiro e do Manuel María, quedarán igualmente excluídos os textos para teatro de monicreques.

Para a avaliación de todos os textos recibidos na forma e prazo que indican as bases, constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico. Para emitir o seu ditame, que deberá ter lugar antes do 15 de novembro de 2018, o xurado valorará aspectos relacionados coas calidades literaria e dramática, a viabilidade escénica, a adecuación a cada premio e o coidado da lingua.

O Ãlvaro Cunqueiro acadará deste xeito a súa vixésimo cuarta edición, manténdose como o galardón literario máis lonxevo de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego, mentres que o Manuel María de literatura dramática infantil celebrará a súa décima entrega e o Barriga Verde de textos para teatro de monicreques chegará á décimo terceira convocatoria.

Os textos presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal. A presentación electrónica é obrigatoria para as persoas xurídicas e as súas representantes. Para o caso das persoas físicas, estas tamén poderán achegar as obras de xeito presencial en calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora, como así se establece nas bases.

Na anterior edición, os autores e títulos que se fixeron con estes recoñecementos foron Manuel Lourenzo coa obra Suite Artabria, XXIII Premio Ãlvaro Cunqueiro para textos teatrais; Carlos Labraña coa peza O valo, IX Premio Manuel María de literatura dramática infantil; Inácio Vilariño con O golfiño e o xigante, XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na categoría para rapaces; e Roi Vidal con Marcha fúnebre para un monicreque , XII Premio Barriga Verde para teatro de monicreques na categoría de teatro para adultos. As catro obras están publicadas en distintas coleccións de Edicións Xerais e de Baía Editorial e á venda nos principias establecementos galegos así como na Libraría Institucional da Xunta de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES