Notas de prensa

O Consello da Cultura Galega promove o 13 de decembro Poetas itinerantes: encontro de poesía galega e catalá

O 13 de decembro, o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra a xornada Poetas itinerantes: encontro de poesía galega e catalá. Os poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial daranse a man na capital de Galicia, nun acto presentado por Mercedes Queixas, secretaria da Asociación de Escritores-AELG.

Logo da cancelación da actividade o pasado mes de outubro, o programa “Poetas itinerantes” recunca por fin en Galicia. Logo do diálogo entre a poesía vasca e galega que tivo lugar en Santiago de Compostela na primavera de 2016, é o tempo de que voces galegas e catalás unan os seus versos para nos ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña. Xa o fixeron o pasado día 2 de novembro no Pipa Club de Barcelona e, nesta ocasión, é a delegación catalá quen visita Galicia coas súas maletas cheas de versos para dialogar coa poesía galega.

Os poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial daranse a man nun encontro en Santiago que terá lugar o mércores, 13 de decembro de 2017, ás 19 horas no Consello da Cultura Galega.

O acto será presentado por Mercedes Queixas, membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e secretaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe. Na edición anterior deste recital Poetas itinerantes foron as voces de Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas quen deixaron o pouso dos seus versos en Compostela e tamén en Donosti durante a visita de volta que se produciu en outono de 2016 no Edificio de Tabakalera. Nesta ocasión, será a poesía catalá quen se deixe sentir nos muros compostelás para establecer un diálogo necesario e posible entre as diferentes culturas.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2017-11-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES