Notas de prensa

Premios Exceleite: o leite galego acadou o mellor prezo dos últimos tres anos medrando en graxa e proteína

Cos premios Exceleite a Xunta e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite recoñecen ás 20 mellores explotacións no ámbito hixiénico-sanitario. A conselleira do Medio Rural destacou que o lácteo da nosa comunidade se consolida como líder nacional, concentrando preto do 40% da produción e o 56% dos gandeiros.

A conselleira do Medio Rural, Ãngeles Vázquez, destacou que o leite galego se vende na actualidade ao mellor prezo dos últimos tres anos, 31,1 céntimos/litro no último mes no que temos datos e que están a medrar, tamén, os seus valores de graxa e proteína, como reflicten as cifras do último exercicio.

Ãngeles Vázquez puxo en relación estes datos co pasado, no que, dixo, o sector “viviu momentos complicados” e advertiu que hoxe en día o lácteo da nosa comunidade se consolida como líder nacional, producindo preto do 40% do total español, concentrando o 56% dos gandeiros do Estado e xerando uns 1.000 millóns de euros anuais en volume de negocio. A titular de Medio Rural salientou estes e outros datos na entrega dos galardóns Exceleite, que hoxe premian o labor das 20 mellores explotacións leiteiras galegas no ámbito hixiénico-sanitario.

Estes novos premios, promovidos pola Xunta en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), representan segundo a conselleira un “recoñecemento ao bo facer dos nosos gandeiros, que se erguen todos os días coa firme convicción da procura da excelencia na produción do seu leite”. Por iso, engadiu, “son un exemplo a seguir, para darnos conta de que desde o noso agro podemos xerar produtos non só de calidade, senón tamén dunhas características organolépticas inigualables”.

Preto de 5.000 granxas galegas podían optar a estes premios, todas as que están inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e que, polo tanto, están en disposición de usar o distintivo de calidade Galega 100%. Delas seleccionáronse, con criterios técnicos, as 50 explotacións finalistas e posteriormente os 20 recoñecementos entregados hoxe nun acto celebrado no pazo de Cores, no concello coruñés da Baña.

Profesionais do Ligal e da consellería

A titular de Medio Rural fixo unha mención especial aos profesionais do Ligal e aos veterinarios e técnicos da consellería, que traballaron na selección das granxas galardoadas. O seu traballo, sinalou, “é fundamental para deixar de pensar na excelencia como unha característica afastada que os gandeiros pretendían acadar para pasar a ser unha realidade palpable e comprobable”.

Por último e de cara ao futuro, a conselleira apostou por “seguir mellorando no marco do diálogo e a cooperación entre produtores e industria, coa axuda da administración autonómica”. Só así, rematou, “conseguimos e conseguiremos facer do lácteo un sector sustentable e atractivo de cara á incorporación de persoas novas”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES