Notas de prensa

CCOO-Sanidade di que seguirá a loitar pola recuperación de todos os dereitos arrebatados ao persoal da sanidade pública

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia informa de que o acordo de carreira profesional asinado non paraliza as restantes reivindicacións, como «de xeito malicioso e falaz» transmitiu algunha organización sindical. O secretario xeral de CCOO-Sanidade é contundente á hora de afirmar que CC.OO. seguirá loitando por todos os dereitos arrebatados ao persoal da sanidade pública galega.

CCOO e outros sindicatos asinaron un acordo de carreira profesional para todos os colectivos profesionais da sanidade pública que mellora o previamente asinado en solitario pola coalición CESM-OMEGA.

As principais conquistas do novo acordo son que abrangue a todo o persoal e non só o facultativo —como prevía a coalición de sindicatos corporativos—; ademais, por petición de CCOO-Sanidade, haberá negociación de carreira ordinaria para todo o persoal do SERGAS, isto é, o persoal eventual, funcionario e laboral que quedara excluído no acordo de carreira extraordinaria do 2007 tamén está incluído.

Tamén por petición de CCOO, no acordo non figura como premisa «garantir a paz social», como algunha organización sindical fixo ver «de xeito malicioso e falaz». O punto sexto do acordo, relativo á desconvocatoria da folga que estaba prevista para comezos deste mes, di literalmente: «As organizacións asinantes deste acordo proceden neste acto á desconvocatoria da folga prevista entre os días 1 e 3 de novembro. As organizacións asinantes non renuncian ás restantes reivindicacións recollidas na convocatoria de folga».

Logros de CCOO a través da negociación

O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, salienta que Comisións é un sindicato que utiliza a negociación para chegar a «acordos favorables» para todo o persoal da sanidade pública. Neste senso, lembra que a finais do 2015 se conseguiu a recuperación dos días adicionais de libre disposición, así como vacacións adicionais —Diario Oficial de Galicia do 19 de outubro dese ano—, anticipando nun ano o previsto polo Goberno.

Outros logros de CCOO son que hai un mes se conseguiu unha oferta pública de emprego (OPE) de máis de cinco mil prazas, «rachando deste xeito a forte oposición dos responsables do SERGAS», apunta o sindicalista. Son conquistas que chegaron a través da negociación, pero nalgunhas ocasións precedidas de mobilizacións e mesmo accións xudiciais, como no caso da recuperación dunha parte das pagas extras que aínda non devolveu a Xunta.

Por último, Cameselle celebra que este e outros acordos parciais permitan a progresiva recuperación dos dereitos arrebatados pola Xunta e polo Goberno de España ao persoal da sanidade pública, e agarda que os próximos orzamentos xerais do Estado permitan subas salariais por riba do IPC.

Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia, 2017-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI (ECRIM) da Universidade da Coruña organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security), do que forma parte o ECRIM.
Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES