Notas de prensa

A obra de Carlos Casares centra o XIV Curso A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións Texto-Imaxe

O Ramón Piñeiro, o ICE e a AELGA convocan para os días 10 e 11 de novembro esta acción formativa baixo o título “Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino”. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de novembro. O curso aborda a faceta do escritor como educador e escritor de literatura infantil e xuvenil.

A obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, Carlos Casares, centra o XIV Curso de Formación “A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe”, que se celebrará o próximo novembro baixo o título “Literatura e memoria: Carlos Casares no ensino”. As entidades convocantes desta acción formativa son o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura e Educación, o Grupo de Investigación LITER21 pertencente ao Instituto de Cinecias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

O curso celebrarase na capital de Galicia: o día 10 de novembro na sede Ramón Piñeiro e o 11 de novembro na Biblioteca Afundación. O prazo de matrícula está aberto xa ata o 9 de novembro e toda a información dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal).

Formación para a comprensión lectora

Baixo a dirección das profesoras Blanca-Ana Roig Rechou (directora do proxecto de Literatura Infantil e Xuvenil do Ramón Piñeiro) e Ana María Porto Castro, o curso abordará a faceta de Carlos Casares como educador e escritor de literatura infantil e xuvenil, co obxectivo de salientar a importancia deste autor na formación lectora no ensino infantil, primario e secundario e demostrar que a súa obra é imprescindible na planificación lectora.

A organización do curso “A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións texto-imaxe” chama a atención sobre o feito de que a formación ofertada ne lestá xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES