Notas de prensa

Conde salienta que Galicia Calidade pon en valor a oferta turística da Comunidade distinguindo o que nos fai diferentes

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na entrega de diplomas aos primeiros 44 establecementos turísticos galegos que contan xa con este selo ao abeiro do acordo co Clúster do sector. Di que o certificado de garantía acredita máis de 300 produtos de máis de 100 empresas de diferentes sectores produtivos galegos.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou que Galicia Calidade permite poñer en valor a oferta turística da comunidade a través dunha marca propia que distingue “o que nos fai diferentes”. Conde participou, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na entrega de diplomas aos primeiros 44 establecementos turísticos (43 hoteis, restaurantes e casas rurais e o porto deportivo de Sanxenxo) que contan con este selo ao abeiro do acordo co Clúster de Turismo de Galicia para facer extensiva a marca ao sector.

No acto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que Galicia Calidade acredita xa máis de 300 produtos de máis de 100 empresas, e que agora é tamén un valor engadido do turismo galego, reforzando certificados estatais como a Q de calidade, coa que contan xa 282 establecementos galegos.

Conde subliñou ademais que esta marca avala o servizo e a atención que recibe o viaxeiro, e é ao mesmo tempo unha garantía de que moitos dos produtos xa amparados baixo as Denominacións de Orixe Galega e as Indicacións Xeográficas Protexidas están na carta das empresas recoñecidas con esta certificación, establecendo sinerxías co turismo, un sector estratéxico que representa o 11% do PIB galego e o 12% do emprego.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou ás empresas recoñecidas hoxe porque, como dixo, con este distintivo “demostran que a calidade non é só un obxectivo final, senón un xeito de traballar”. Aspecto compartido coa filosofía da Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento elaborado man a man co sector que senta as bases do turismo galego para os vindeiros anos, baseado na excelencia, responsabilidade, sustentabilidade e internacionalización.

Neste sentido, destacou o decisivo papel do sector ao contribuír a que esta Estratexia estea a dar os seus primeiros froitos e ir cumprindo os obxectivos marcados. Como constata o feito de que nos meses centrais do verán, os hoteis galegos acadasen os seus mellores rexistros históricos en pernoitas e de ocupación, con preto de 1,3 millóns de viaxeiros que realizaron case 2,9 millóns de noites. Trátase dunha cifra nunca antes acadada e que supón un 5% máis que o ano pasado. Nava Castro valorou especialmente estas cifras que se conseguen, dixo, cun sector excelente como demostran recoñecementos como o selo Galicia Calidade que aporta prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e tamén promoción á comunidade galega como destino “diferenciado e referente en excelencia”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES