Notas de prensa

Fernando Rey e un percorrido histórico polo cine francés marcan o inicio da nova temporada do CGAI

O centenario do actor coruñés conmemórase cun ciclo dunha vintena das súas películas máis representativas programadas como apertura da temporada 2017-2018. A filmoteca celebra os 60 anos da Nouvelle vague francesa facendo un repaso a toda a historia da filmografía gala, con clásicos dos anos vinte aos nosos días.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI–Filmoteca de Galicia) abre o xoves 14 de setembro na Coruña con Estiu 1993, de Carla Simón, a temporada 2017-2018, na que ofrece programación que vén marcada por dous extensos ciclos para conmemorar as efemérides cinematográficas do centenario do actor coruñés Fernando Rey e o 60º aniversario da Nouvelle vague.

A película elixida pola Academia de Cine para representar a España nos Oscar de 2018 abrirá este novo período de actividade do espazo da Xunta de Galicia nunha sesión que contará coa presenza da directora catalá. A proxección do seu filme estará acompañada da de doutras óperas primas, todas elas gañadoras da última edición do festival Novos Cinemas de Pontevedra, co que o CGAI colabora na celebración deste programa.

O 21 de setembro comeza o ciclo 'Centenario Fernando Rey', que coincide cos cen anos do nacemento dun dos máis ilustres intérpretes da historia do cine español. Arrinca con Tristana, de Luis Buñuel, e continuará con 19 filmes máis ata finais de novembro. Todos eles conforman unha escolma diversa e representativa dunha carreira que se expande ao longo duns 50 anos e que conta con incursións en Hollywood, como The French Connection, ou exitosas participacións en coproducións europeas, como El discreto encanto de la burguesía.

As proxeccións terán lugar ao tempo que a exposición fotográfica 'Fernando Rey. Cabaleiro do cinema (1917-2017)', que poderá verse no Quiosco Alfonso. Esta reúne algo máis dun cento de imaxes tiradas do arquivo familiar do actor, depositado e dixitalizado no CGAI.

Un século de cine galo

O outro gran ciclo da temporada, que comeza o 26 de setembro e se estende ata finais de ano, é 'Viaxe a través do cine francés'. O 60º aniversario da Nouvelle vague, movemento artístico de vangarda que marcou, non só a cinematografía gala, senón o cine de autor mundial nos anos sesenta, permítelle ao CGAI volver sobre algúns títulos recentemente restaurados deste grupo. É o caso das primeiras curtametraxes de Jacques Rivette, que se crían perdidas e foron recuperadas hai só uns meses pola Cinémathèque Française.

Ademais, o filme de estrea Las películas de mi vida, dirixido polo cineasta a director do Institut Lumière Bertrand Tavernier, fai un percorrido histórico por todo o cine galo dende os anos corenta. En diálogo coa fita e expandindo este rango temporal, o CGAI ofrece a súa persoal historia do cine francés con películas clásicas e modernas que van dende os anos vinte ata os nosos días. Algúns autores de cabeceira coma Jacques Becker ou Barbet Schroeder abren o curso e seguiranlles moitos máis.

Apoio aos festivais galegos

Outras sesións a destacar son as que o CGAI programa en colaboración con diversos certames audiovisuais de Galicia. Así, o 10 de outubro a filmoteca acollerá a Teddy Williams logo do seu paso por Curtocircuíto. O cineasta presenta todas as súas curtametraxes e a súa ópera prima El auge del humano, gañadora do Leopardo de Ouro no festival de Locarno.

Entre o 17 e o 21 de outubro, o CGAI será a principal sede do FKM Festival de Cinema Fantástico da Coruña. Nesta edición, centrada na figura de Satán, dedícase un ciclo ao cineasta de culto Kenneth Anger, cunha serie de películas que funcionan como rituais iniciáticos ao esotérico, con música de Mick Jagger e Jimmy Page. Recupérase, ademais, o clásico El hombre de mimbre nunha versión restaurada e preséntase unha competición coas óperas primas de cine fantástico que marcan a temporada.

Por último, grazas ao Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) visitarán tamén o CGAI os días 25 e 26 de outubro Mariano Llinás e Jeannette Muñoz. Trátase de dous descubrimentos da filmografía latinoamericana máis anovadora, un dos principais focos de atención do certame ourensán deste ano.

Completan o programa do CGAI as seccións habituais coma Off Galicia, que mostra a creación audiovisual galega actual; ou Desencadres, sesións de cine experimental, nesta ocasión con pezas de Jerome Hiler e Stan Brakhage.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES