Notas de prensa

A Xunta e a Editorial Galaxia confirman a voltada de seguir colaborando no impulso do libro e a lectura

O conselleiro de Cultura e Educación visita a editorial Galaxia e, xunto co responsable de empresa, Francisco Castro, coincidiron na necesidade de continuar estreitando os lazos de colaboración entre todos os axentes implicados no impulso do sector do libro e da lectura. Na visita tamén repasaron a historia da editorial e a súa adaptación ao actual esceario dixital.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou a sede da editorial Galaxia na cidade da oliveira, ocasión que aproveitou para reunirse co presidente do consello de administración da editorial, Antón Vidal Andión, e co novo director da casa, Francisco Castro, que substitúe no cargo ao actual presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. No marco deste encontro repasaron a traxectoria da editorial, que xoga e ten desempeñado un papel clave no desenvolvemento e difusión da lingua e cultura galegas e abordaron os novos retos que o mundo dixital e os novos usos culturais supoñen para as industrias culturais e, mais en concreto, para o sector do libro.

Ambas partes coincidiron na necesidade de continuar reforzando os lazos de colaboración entre Administración e os axentes implicados –editores, escritores, libreiros, ilustradores, distribuidores, etc.– co obxectivo común de impulsar a difusión do libro galego e dinamizar o hábito lector entre a cidadanía. Non en balde, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia ten previsto un investimento de máis de 1,7 millóns de euros este ano para impulsar o libro e a lectura a través de liñas de actuación como as subvencións para a adquisición de novidades editoriais con destino á Rede de Bibliotecas de Galicia ou axudas as á tradución, dúas convocatorias nas que toma parte Galaxia.

Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería de Cultura e Educación está a traballar na Estratexia da Cultura de Galicia 2021, a través da que se establecerán as políticas que se deben impulsar a prol do libro galego e da lectura. Nesa planificación da acción cultural de Galicia dos vindeiros anos, no que se refire á fixación de obxectivos e prioridades arredor do libro, a Xunta de Galicia contará co Consello Asesor do Libro, organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento da Administración autonómica no referente ás políticas relacionadas co contido da Lei do libro de Galicia e que está integrado polos devanditos axentes.

Na súa visita a Galaxia o conselleiro estivo acompañado polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e mais polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Así mesmo participou na reunión o conselleiro delegado de Galaxia Xavier Martínez.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES