Notas de prensa

Confirmado o segundo Conecta Fiction do 18 ao 21 de xuño de 2018

O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse cos responsables do Clúster Audiovisual Galego, da Asociación Galega de Produtoras Independentes, da Asociación Galega de Empresas do Audiovisual (AEGA) e da Asociación Galega de Guionistas para anunciarlles as datas e iniciar a organización da nova edición deste mercado televisivo.

Conecta FICTION, o mercado internacional para series e miniseries de televisión que se celebrou por vez primeira este ano en Santiago de Compostela promovido pola Xunta de Galicia, terá unha segunda edición do 18 ao 21 de xuño de 2018. Así llelo confirmou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, aos responsables dos principais colectivos do sector audiovisual galego.

Na reunión participaron Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual Galego (Clag), Dolores Ben, presidenta da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Ramón Domínguez, presidente de AEGA, e Araceli Gonda, vicepresidenta da Asociación Galega de Guionistas, así como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a coordinadora de Política Audiovisual, Dolores Meijomín.

Ademais da confirmación expresa da continuidade do encontro, a xuntanza serviu para intercambiar achegas cara á posta en marcha da organización do vindeiro Conecta FICTION, que volverá ter como sede principal a Cidade da Cultura de Galicia, á Xunta de Galicia como líder no equipo de traballo é á produción de Inside Content. Respóndese así á propia petición dos representantes do sector, que tralo éxito do primeiro Conecta FICTION, amosaron a súa disposición para colaborar nunha segunda edición do encontro.

Rendemento para Galicia

De feito, un total de 18 compañías galegas: Abano Producións, Adivina Producións, Agallas Films, Bambú Producciones, Cinemar Films, Comarea, CTV, Ficción Producciones, Frida Films, Lady Bug Films, Portocabo, Pulsa Control Z, Ringo Rango, Sete Media, Vaca Films, Voz Audiovisual, Xamalú Films, Zenit TV, ademais de CRTVG, participaron e obtiveron rendemento de Conecta FICTION, ao lado de canles como Fox Networks Group, HBO, Netflix, Sony Pictures TV, TV Azteca, Univisión, RTP, RTVE, Atresmedia, Mediaset ou Movistar+.

No marco do encontro, que se organizou coa alianza establecida co ICEX Exportación e Inversiones e coa Fundación SGAE, presentouse o novo proxecto de Vaca Films e Portocabo, Garbo; logrouse un acordo entre a produtora portuguesa Stop Line e a galega Agallas Films para a coproducción de Oro negro; o proxecto galego-cubano de Ficción Producciones ‘Una casa en Amargura’ alzouse co premio ao desenvolvemento RTVE, e asinouse un protocolo institucional de colaboración co Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina, entre outros fitos destacados.

NotaO anuncio dun novo Conecta FICTION chega despois do informe presentado pola Consellería de Cultura ao Consello da Xunta do pasado día 13, no que se daba conta dun primeiro balance de resultados do encontro. Neste documento, especifícase que representantes de máis de 35 canles de televisión de referencia internacional e case 400 profesionais acreditados procedentes de 20 países déronse cita en Santiago do 20 ao 23 de xuño para asistir a este evento. Tamén se reflicte que se mantiveron máis de 2.500 reunións de traballo e que se presentaron proxectos audiovisuais por un volume global de negocio potencial de 110M de euros, cifra que se obtén tendo en conta o número de propostas e o custe medio por proxecto dun capítulo de serie en primetime.

Houbo tamén unha ampla presenza de prensa nacional e internacional, tanto xeral como especializada no audiovisual, con máis de 200 impactos directos en medios de comunicación de difusión mundial e unha ampla cobertura de toda a actividade, dándolle visibilidade ao sector audiovisual galego e difundindo os valores culturais de Galicia e a imaxe da Cidade da Cultura.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES