Notas de prensa

Espazo gastronómico capitaneado polo chef Pepe Solla no festival PortAmérica

A directora xeral de Turismo, Nava Castro, eloxia a fusión das propostas musicais e a nova cociña galega coa presenza de diez Estrelas Michelin que elaboraron diferentes pinchos gourmet durante o espazo gastronómico do Festival PortAmérica. Ofreceron tomate e herbas do Grove, filloa que chegou de México, Bocata si ou non de chocos, entre outros.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o espazo gastronómico do festival PortAmérica, unha das citas musicais do verán na Comunidade galega. Capitaneado polo chef Pepe Solla, que conta cunha Estrela Michelin no seu restaurante Casa Solla de Poio, o chamado ShowRocking converteuse nos últimos días nun imprescindible para os visitantes grazas ás propostas de ata dez cociñeiros Estrelas Michelin e 20 Soles Repsol, que realizaron pinchos gourmet a prezos populares.

Na súa visita ao PortAmérica, Nava Castro eloxiou a fusión das propostas musicais e da nova cociña galega, que achega un valor engadido a un dos festivais máis destacados da temporada musical en Galicia. Nel, os participantes gozan, ademais, da natureza, que é a primeira razón pola que cada vez máis turistas elixen visitar a Comunidade, precisamente xunto á gastronomía. Nomes de recoñecido prestixio como Javier Olleros, Yayo Daporta, Xoán Crujeiras, Iván Domínguez, Julio Sotomayor e Daniel Guzmán estiveron presentes.

Todos eles, xunto a outros moitos, elaboraron propostas culinarias como Tomate e herbas do Grove, de Olleros; A filloa que chegou de México e quería ser fajita, de Solla; Bocata si ou non de chocos en tinta con emulsión de Padrón, de Daporta; Pato barberie, ensalada de algas, escabeche e herbas do litoral, de Crujeiras; Coliflor, kimchi e mexillóns, de Domínguez, e Polbo mariñado, cuscús de calamar e ramallo, de Sotomayor e Guzmán.

Algúns como Javier Olleros ou Pepe Solla participaron este días, xunto a directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Marta Fernández, nos faladoiros celebrados no PortAmérica, nos que se debateu sobre a realidade da enogastronomía baixo os títulos de Estado actual da gastronomía galega ou A cociña galega como elemento dinamizador.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES