Notas de prensa

Arrancan as Festas do Apóstol 2017 cun percorrido á Compostela popular a cargo da cantante Uxía Senlle

A cantante Uxía Senlle abriu esta noite as festas do Apóstolo 2017, cun pregón que emocionou os centos de persoas que se congregaron na praza do Obradoiro. A cantante realizou un roteiro pola Compostela cultural e musical que ela coñece e cualificouno como un "canto a Compostela". Uxía fixo un percorrido pola súa propia historia na Compostela máis popular.

A cantante foi presentada pola xornalista Pilar García Rego, con quen Uxía traballou no programa da TVG Alalá. Posteriormente, Uxía comezou o seu discurso agradecendo a invitación e sentíndose "moi honrada polo convite para dar o pregón na capital de Galicia, nesta cidade que adoro".

Uxía fixo un percorrido pola súa propia historia en Compostela para continuar debullando o Santiago máis popular, plural e cotiá con referencias culturais e musicais. Uxía Senlle non só leu o seu pregón, senón que recitou algúns versos de Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou Federico García Lorca. Tamén deixou espazo a artistas máis actuais como Voces Ceibes, Terbutalina ou Emilio Cao e fixo unha mención especial ao seu gran amigo e compostelán Fran Pérez "Narf".

Ademais, a cantante reivindicou vivir a propia cidade de Compostela, tanto de día como de noite. "Despegade do Netflix, dos chats e das redes sociais e ide aos concertos, ás salas de teatro, a bailar, a cantar e a vivir a noite de Compostela". Uxía rematou cantando con toda a praza "Polo Sar abaixo..."

Música na Quintana

O pregón de Uxía Senlle foi o pistoletazo de saída a unhas festas do Apóstolo 2017 que comezaron con música, tanto na praza de Feixóo como na Quintana. Ás 20:30 horas puidemos gozar do concerto de jazz-rock de Xan Campos ESD e, a partir das 23:00 horas, fixémolo coa primeira sesión de Terra da Fraternidade, cos concertos de Raigaña + Mercedes Peón (Galicia) en sintonía coa banda polaca Warsaw Village Band.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES