Notas de prensa

Preséntase a XX edición da Festa da Merluza de Celeiro declarada de interese turístico galego

Mestúranse nesta cita varios puntos fortes: a exaltación dun dos produtos pesqueiros de maior prestixio gastronómico -a pescada do pincho-, capturada pola flota de Celeiro, e a posta en valor dos elementos culturais e patrimoniais vinculados á pesca deste peixe.

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación da Festa da Merluza de Celeiro, cita declarada de interese turístico galego, que se celebrará este sábado, día 15 de xullo, nesta localidade do concello lugués de Viveiro.

A presente edición será a número vinte polo que desde a organización agardan celebrar este aniversario cun gran éxito de público. O ano pasado repartíronse máis de 2000 racións o que demostra que habitualmente ten moi boa acollida como unha das citas gastronómicas máis valoradas da Mariña lucense.

O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, e os directivos do colectivo Chilindrín-Peñalba, Bernardo Fraga e Rosario San Isidro, que se encarga da organización desta cita.

Balseiro puxo en valor que se mesturan nesta cita varios puntos fortes: a exaltación dun dos produtos pesqueiros de maior prestixio gastronómico -a pescada do pincho-, capturada pola flota de Celeiro, e a posta en valor dos elementos culturais e patrimoniais vinculados á pesca deste peixe, de enorme transcendencia para unha localidade que acolle un dos portos máis importantes de Europa e do Cantábrico.

Desde a organización quixeron agradecer tamén a colaboración da sociedade Porto de Celeiro e da Confraría de Pescadores da localidade, encargados de facilitar o produto a degustar, que será preparado en sete especialidades diferentes: cociña tradicional, con marisco, á galega, en salsa verde, en caldeirada, en empanada e en pizza. Colaboran tamén 80 veciñas e veciños de Viveiro que desinteresadamente elaboran os 700 quilos de peixe a cociñar e poñen en venda as abundantes racións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES