A primeira sesión das xornada serviu para facer unha panorámica xeral dos últimos anos do campo da cultura e da comunicación tanto a nivel global como galego, que dará paso á concreción do segundo dÃa analizando aspectos concretos como a investigación, a publicidade, as artes escénicas e a arte.
Unha sesión para situar o contexto actual
Enrique Bustamante abreu os relatorios explicando a batalla desenvolta durante quince anos para reivindicar a cultura como piar vital de desenvolvemento da sociedade. Na súa opinión “necesitáronse marcadores concretos para saber como se podÃa medir a relevancia da cultura en ámbito económicos, sociais...”. Na súa conferencia sobre a cultura global e española ante a era dixital, avanzou que en 2025 o 90% da cultura será dixital. “Perdérone 80.000 postos de emprego (dun total de 500.000), houbo unha caÃda do gasto público en cultura e comunicación” que cuantificou do 50% a nivel autonómico en 2016 e insistiu en reforzar a cooperación. Fixo un repaso por informes e estudos de investigación sobre gasto público en cultura que lle permitiu afirmar que “o sector sufriu pérdidas graves no último lustro que aÃnda non se recuperaron”. ConcluÃu a súa intervención solicitando un gran pacto social pola cultura.
Pola súa banda, Miquel de Moragas, da Universitat Autònoma de Barcelona fixo un repaso polos grandes fitos dos cambios neste sector e afirmou que “o que menos mudou neste tempo foron as necesidades humanas de comunicación”. Neste cambio avogou pola necesidade dunha nova pedagoxÃa da protección de datos e da xestións dos mesmos. Foi o profesor Bernardo DÃaz Nosty quen puxo o énfase na necesidade da implicación polÃtica na reorganización do sistema de medios.
Baixo o tÃtulo “A tormenta perfecta. A industria cultural galega no escenario do século”, VÃctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e coordinador da xornada xunto con Xosé López e Berta GarcÃa Orosa, serviu de ponte entre a visión global dos teóricos e a concreción de ir vendo sectorialmente que está pasando en cada un dos ámbitos da producións en Galicia. Freixanes falou das eivas desta tormenta perfecta no noso paÃs como son unha escasa poboación para competir nun mercado económico, o problema da dispersión xeográfica (canda a desertización de aldeas), a falta dunha polÃtica pública estratéxica e a caÃda de recursos financeiros (perda das caixas, Banco Pastor....).
Pola tarde Manuel Bragado situará o contexto da edición, Xosé Ramón Pousa o dos medios de comunicación mentres que Margarita Ledo e Miguel Anxo Fernández explicarán a situación actual da creación audiovisual.
Segundo dÃa: do artista á economÃa da cultura
Os profesores universitarios Domingo Docampo e Berta GarcÃa Orosa abrirán a segunda sesión da xornada con dous relatorios: o primeiro analizará os desafÃos tecnolóxicos, mentres que a segunda exporá o traballo do grupo de estudos locais en comunicación (Localcom), que está formado polas universidades de Alacant, de Málaga, de Santiago de Compostela, do PaÃs Vasco, Complutense e Carlos III de Madrid baixo a coordinación da Universitat Autònoma de Barcelona.
Pola súa banda, a artista Cristina Pato falará do artista sostible do século XXI; a xornalista MarÃa Yáñez, de estratexias para novos públicos; a escritora Inma López Silva centrarase nas artes escénicas, e Agar Ledo, nas artes visuais. Pechan as xornadas Nieves RodrÃguez Brisaboa, cunha conferencia sobre as industrias arredor da rede, e Francisco Campos, con outra sobre a economÃa da cultura en Galicia.