Notas de prensa

A UE publica a solicitude de inscrición da IXP Capón de Vilalba no rexistro comunitario

Dentro de dous meses produciríase o rexistro definitivo deste selo de calidade. A indicación xeográfica protexida "Capón de Vilalba" aplícase á carne de machos da especie Gallus domesticus castrados cirurxicamente antes de alcanzar a madurez sexual. Son razas semipesadas e de crecemento lento -sacrifícanse cunha idade mínima de 150 días-.

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publica hoxe a solicitude de inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba no Rexistro comunitario de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Isto significa que se abre un período de oposición a nivel da Unión Europea de seis meses, que finalizará aos dous meses se ninguén presenta un escrito anunciando a intención de opoñerse. Cando se supere este trámite producirase o rexistro definitivo deste selo de calidade mediante un regulamento de execución da Comisión.

A indicación xeográfica protexida "Capón de Vilalba" aplícase á carne de machos da especie Gallus domesticus castrados cirurxicamente antes de alcanzar a madurez sexual. As aves son de diferentes razas e estirpes que teñen como trazo común a súa rusticidade, o que permite a súa cría ao aire libre nas condicións climáticas da zona. Son sempre razas semipesadas -as canais como mínimo deben pesar 2,5 kg- e de crecemento lento -sacrifícanse cunha idade mínima de 150 días-.

Vínculo co territorio

O ámbito xeográfico desta indicación xeográfica protexida comprende a totalidade da comarca lucense da “Terra Chá”, que engloba os municipios de Muras, Xermade, Vilalba, Abadín, Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei.

A produción do capón nesta área xeográfica realízase en pequenas explotacións familiares, que seguen aplicando os métodos tradicionais de cría e manexo das aves, que se caracteriza principalmente porque os animais pasan boa parte do día ao aire libre e iso facilita que realicen gran cantidade de exercicio e se alimentan principalmente aproveitando a cuberta vexetal do curral, o que se complementa con millo, outros cereais e outros alimentos de orixe vexetal (verzas, mondaduras de patacas, castañas, etc.) que habitualmente proceden da propia explotación. Estas condicións -xunto coas baixas densidades tanto no galiñeiro coma no curral- inciden directamente nas características organolépticas da carne.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES