Notas de prensa

Preséntase o Rally Terra da Auga como un evento con personalidade propia, raíces, identidade, carácter e temperamento

A Xunta de Galicia colabora nesta nova edición do Rally Terras do Mandeo que muda de localización e mesmo de denominación para converterse no Rally Terra da Auga, a terceira proba do Campionato de España de Rallyes de Terra.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou no Centro Público Integrado Armando Cotarelo Valledor o Rally Terra da Auga que terá lugar o 26 e o 27 de maio na comarca de Arzúa. Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico dixo que “a chuvia, a natureza e o clima tan propios de Galicia achéganlle a este evento, ademais da espectacularidade que xa ten de por si, personalidade propia, raíces, verde, adversidade, identidade, carácter, temperamento, así como o segredo e a maxia que gardan os destinos turísticos do interior de Galicia”.

Nas súas verbas, a secretaria xeral asegurou que o último fin de semana de maio “a comarca arzuá converterase no epicentro do motor” xa que conta con todos os ingredientes necesarios. Neste sentido, a titular de Deporte destacou á organización da Escudería ADN Motor, o percorrido complicado e adverso, os mellores pilotos do panorama nacional, o público entregado e responsable e ás Forzas e Corpos de Seguridade “que posibilitarán que a seguridade sexa unha obriga pero tamén unha responsabilidade”.

Nesta nova edición o Rally Terras do Mandeo muda de localización e mesmo de denominación para converterse no Rally Terra da Auga, a terceira proba do Campionato de España de Rallyes de Terra. A proba trasládase 30 quilómetros ao sur, á comarca formada polos Concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. A pesar destes cambios, Marta Míguez sinalou que o rally “mantén a súa esencia con tramos de gran dureza e percorridos moi técnicos que marcarán as diferenzas entre os pilotos”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES