Notas de prensa

A RAG acolle a presentación do libro sobre Carlos Casares 'O neno que quería xogar co mundo'

Trátase da biografía sobre o protagonista do Día das Letras Galegas de 2017 que asina outro escritor limiao, Antón Riveiro Coello. Con este libro, o autor espera animar o público a profundar na obra que escribiu quen foi "un dos escritores que máis influencia deixou na sociedade nos últimos 40 anos".

"Don Francisco, o pai de Carlos, foi quen me aprendeu a ler, e Carlos foi quen me aprendeu a soñar en galego, na lingua que sempre escoitaba na miña casa". Antón Riveiro Coello sintetizou así o vínculo afectivo, e tamén familiar, que o uniu cun "escritor excepcional" e "persoa fantástica" que "sempre puxo a Galicia por diante". O cariño que sente aínda por el tratou de llelo transmitir aos lectores e lectoras dun libro que, segundo Christian Casares, fillo do homenaxeado e delegado de La Voz de Galicia en Pontevedra, sería moi do seu gusto "porque é unha biografía que se le como unha novela". O título evoca a mirada da inocencia da nenez que Casares mantivo toda a vida e a importancia deses seus primeiros anos na comarca da Limia, porque "as claves da literatura de Carlos Casares están na infancia", asegurou o autor.

Xunto a Antón Riveiro Coello e Christian Casares, na mesa de presentación do libro tamén estivo o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela; e o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. O gaiteiro Carlos Núñez puxo a nota musical coa interpretación da canción Mister Coruña, "composta por un descendente dunha poetisa escocesa que lle deu de beber a John Moore na batalla de Elviña", e o Himno galego.

A capacidade de Carlos Casares de conseguir expresar "coas palabras máis sinxelas a forma de pensamento máis profundo" foi unha das calidades da súa figura que quixo destacar Xosé Luís Vilela. Unha arte, "a do estilo que non se nota", que plasmou na columna diaria que escribiu durante dez anos en La Voz de Galicia, "à marxe", e na súa literatura, recordou o xornalista, que tamén quixo recordar "o Carlos amigo".

Víctor F. Freixanes tamén gabou o estilo da prosa dun "personaxe extraordinariamente rico" que sempre exerceu a "liberdade de pensamento" e o compromiso con Galicia. "Carlos Casares traballou polo país con todo o corazón e intelixencia. A capacidade de negociación, de conciliación, de crear espazos de entendemento, foron uns dos valores que o distinguiron, e que seguen sendo moi necesarios. Espazos nos que, tendo ideas distintas, poidamos establecer obxectivos estratéxicos polos que paga a pena ceder todos un pouquiño para poder avanzar ás veces pasos xigantescos", concluíu o presidente da Real Academia Galega.

Real Academia Galega (RAG), 2017-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES