Notas de prensa

Artesanía de Galicia participa na Festa do Melindre de Melide, na edición de 2017

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visita a mostra que conta con produtos de xoiería, arranxos florais, bixutería, marroquinería e pratería, no marco da XXVI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide. A mini feira pode visitarse na Rúa do Convento ata o 14 de maio.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visistou a mostra de Artesanía de Galicia na que sete obradoiros artesanais de oficios como a xoiería, a marroquinería, os complementos, a pratería ou os elementos decorativos venden e exhiben os seus produtos no marco da XXVI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional de Melide.

A mostra, organizada pola Asociación Galega de Artesáns e que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, ten por obxectivo impulsar a comercialización do produto artesán feito na nosa comunidade e servir de vía de promoción do traballo dos creadores que contan coa marca Artesanía de Galicia. Estará aberta hoxe e o domingo a partir das 11:00 horas na Rúa do Convento.

Os sete obradoiros que participan nesta feira son: Artesaniaenplata. de Marín (Pontevedra), Plata Nativa de Sada (A Coruña), Zimzelatum de Gondomar (Pontevedra), Rosa Higuero de Cabanas (A Coruña) con produtos de xoiería e pratería; Taller Viola de Oza-Cesuras (A Coruña) con arranxos florais, a colareira Montse Betanzos do Grove (Pontevedra) e Senda da Pobra de Brollón (Lugo) cos seus produtos de marroquinería.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES