Notas de prensa

O ciclo de cinema negro francés proxecta en Humanidades o filme Judex

A sesión, de entrada libre e de balde, comeza o luns 15 de maio ás 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades onde se proxecta en versión orixinal ‘Judex’, un filme dirixido en 1963 por Georges Franju. O ciclo de cinema negro francés é unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no campus de Lugo e tiulado à marxe.

O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo, continúa o luns 15 de maio no salón de actos da Facultade de Humanidades coa proxección de ‘Judex’, un filme dirixido en 1963 por Georges Franju, que poderá verse en versión orixinal con subtítulos en español.

A terceira das proxeccións programadas na cuarta edición do ciclo de cinema negro francés, responde a un filme de intriga cuxo fío condutor xira arredor dun xusticeiro que esixe ás persoas que reciben unha mensaxe coa palabra ‘Judex’ o reparto de todos os seus bens e propiedades .

O ciclo de cinema negro francés, unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no campus de Lugo e que nesta edición leva por título ‘à marxe’, chegará ao seu fin o 29 de maio coa proxección do filme 'Alphaville' (1965), de Godard.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES