Notas de prensa

As bibliotecas públicas de A Coruña homenaxean a Carlos Casares con motivo da celebración das Letras Galegas

Os rapaces poderán coñecer un pouco máis polo miúdo a figura do autor ourensán divertíndose cunha morea de actividades programadas ao longo do mes de maio. A Biblioteca Pública Ãnxel Casal de Santiago organiza o Concurso de Carteis para nenos e nenas de entre tres e trece anos, na sétima edición.

As bibliotecas públicas da Xunta de Galicia celebran en torno ao 17 de maio a grande efeméride das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe á dedicación ao libro, á cultura galega e á creación literaria do ourensán Carlos Casares. A variedade de actividades programadas polas bibliotecas autonómicas permite que persoas de todas as idades se acheguen á figura deste grande escritor e editor.

O día 18 de maio impartiranse dúas conferencias sobre Carlos Casares nas bibliotecas públicas da Coruña e Santiago, ambas as dúas ás 19,00 horas. Na Biblioteca Pública Ãnxel Casal de Santiago Häkan Casares Berg lembrará a figura do seu pai, ofrecendo a súa visión familiar deste persoeiro das letras. Mentres, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña falará Gustavo Adolfo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, que incidirá na actividade do autor como tradutor e os seus estudos sobre Ernest Hemingway.

Lugares de encontro, xogos e actividades

Os rapaces poderán coñecer un pouco máis polo miúdo a Casares divertíndose cunha morea de actividades ao longo de todo o mes de maio. Nas bibliotecas da Xunta atoparán lugares de encontro, xogos, concursos, exposicións, propostas didácticas, contacontos, recitais e actividades musicais para lembrar que Casares foi un pioneiro da literatura infantil en galego. Por exemplo, a Biblioteca Pública Ãnxel Casal organiza o Concurso de Carteis do Día das Letras Galegas para os nenos e nenas de tres a trece anos, que este ano chega á sétima edición. Os traballos depositaranse na biblioteca ata o 12 de maio. Os tres carteis máis creativos e orixinais recibirán premios e agasallos nun acto que terá lugar o día 18 de maio ás 18 horas. Todos os carteis presentados exhibiranse desde o 18 de maio ata o 16 de xuño na sala infantil da biblioteca. Esta exposición acompañará a dúas mostras bibliográficas de coleccións da biblioteca que poderán visitarse ao longo de todo este mes.

O 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, alumnos e alumnas de centros de Santiago de Compostela participarán no Gran xogo das Letras Galegas. Os rapaces indagarán na orixe e significado do día que rememora a publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, un 17 de maio do 1863, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e a obra de Casares.

Contacontos, mostras e música

A Biblioteca Ãnxel Casal completa a súa programación cos contacontos dos sábados 20 e 27 de maio, ás 12,00 horas, para nenos e nenas de tres a doce anos. No contacontos do día 20,As laranxas máis laranxas,o bardo Abelardo creará todo un espectáculo adaptando contos e obras de teatro infantil de Casares para contalos e cantalos acompañado da súa concertina. No último sábado de mes, Lisístrata rende homenaxe a Casares con historias Contadas coa súa voz e coa nosa palabra, de obras que chegaron a converterse nos clásicos da literatura de hoxe.

Na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña, os nenos e nenas de seis a doce anos poderán visitar durante todo o mes de maio unha mostra bibliográfica sobre Casares, completada cunha proposta didáctica permanente publicada en bloggit, o bloque da sala infantil.

O sábado 20 de maio, ás 12,00 horas, a música de violín e os contos fabricados polo Contador de Contos con Efecto Retardado, combinará e entrelazará unha sarta de historias que se irán esfiando de vagariño nas que nenos e nenas de catro a once anos atoparanse coa invención,da man de Marisa Irimia,de cousas estrambóticas e imposibles. Rematarán os actos de homenaxe o sábado, 27 de maio, ás 12,00 horas, co contacontos ilustrado Os xoguetes de Clío. Os nenos e nenas a partir de tres anos emprenderán unha longa viaxe en tren, acompañados polo Correo do Vento, na que aparecerán mesturados distintos datos da vida de Carlos Casares e moitos dos seus personaxes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES