Notas de prensa

Presentada unha nova edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados en Xornalismo

A segunda edición da bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, presentouse en Santiago de Compostela. A iniciativa aumenta este ano a dotación económica até os 6.000 euros para proxectos xornalísticos de novos titulados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. A recepción de propostas está aberta até o 30 de maio de 2017.

Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, abriu o acto lembrando a figura de Nacho Mirás, na súa dobre faceta de profesional do xornalismo e profesor universitario. Pousa anunciou que o 3 de maio a Facultade vai dar por primeira vez nome a unha das aulas, descubrindo unha placa en homenaxe a Mirás.

Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, recordou tamén a figura do homenaxeado e afirmou que esta bolsa era un xeito "de mirar cara ás novas xeracións de xornalistas e dar oportunidades a proxectos que non poderían ver a luz". O decano do CPXG quixo agradecer tamén que Abanca apoiara un ano mais esta iniciativa.

Jose Luis Gonzalez Barros, coordinador de Negocio Institucional da Coruña de Abanca expresou a súa felicitación aos ganadores das bolsas do ano anterior e asegurou que "co apoio a este proxecto, Abanca comprométese coas iniciativas que crean unha sociedade mellor e enchen espazos comunicativos baleiros en Galicia".

Poderán concorrer a esta convocatoria titulados nos últimos cinco anos (2017, 2016, 2015, 2014 ou 2013) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privado nin público. As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxecto que teñan como finalidade a información e a comunicación. A bolsa ten unha dotación de 6.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado así o considera.

As persoas interesadas deben enviar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal o formulario de inscrición, unha descrición do proxecto e cronoloxía de traballo, o orzamento estimado e unha nota sobre o autor ou autores, que poderá acompañarse dun breve currículo de cada un de eles. Valorarase que o proxecto se materialice en galego, ser membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que poida supor unha solución profesional para os solicitantes, a viabilidade futura do proxecto, a orixinalidade, a amplitude xeográfica do proxecto, o traballo en equipo e a documentación da memoria.

O xurado que avaliará os traballos presentados este ano estará composto por Francisco X. González Sarria, decano; Xosé Manuel Pereiro, vicedecano e Darío Janeiro, secretario do CPXG; Isaac González, de Abanca; Xosé López da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; e os xornalistas Ainhoa Apestegui, Xoán Soler e Fernando Varela.

No acto presentáronse tamén as dúas iniciativas premiadas coa primeira Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados: Mediamapa.gal, un mapa interactivo dos medios galegos, posta en marcha por Cruz Negreira, e Punto e Volta, un proxecto multimedia que busca explorar as mudanzas sociais da música e o baile tradicionais galegos, que foi exposto por tres dos seus responsábeis: Raquel Pérez, David Fontán e Alejandro Gándara.

A bolsa leva o nome do xornalista, colexiado do CPXG e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Nacho Mirás, que sempre defendeu a valía dos novos xornalistas, o espírito de facerse valer, de formase o máximo posible e defender así o posto de informador, de xornalista. Esta bolsa pretende ser un pequeno empuxe para eles, para que atopen o seu camiño profesional.

Nova campaña Coléxiate!

O decano do Colexio de Xornalistas, Francisco X. González Sarria, aproveitou a súa intervención na facultade para anunciar a posta en marcha da nova campaña do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Coléxiate!, pola que os alumnos e alumnas das Facultades de Ciencias da Comunicación e a Información que teñan superado máis da metade dos créditos poden colexiarse sen custo e non pagan cota ata remataren a carreira. Con esta iniciativa búscase implicar as e os futuros xornalistas na defensa da profesión e descubrirlles a importancia e as vantaxes da colexiación. O período máximo para estar colexiado como estudante é de dous anos.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que ten a representación legal de todos os xornalistas galegos. Actualmente conta con máis de 1.100 colexiados/as repartidos polas súas sete demarcacións (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2017-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES