Notas de prensa

'Os mundos de Carlos Casares', até o 21 de maio na sala Valente: máis de 500 pezas do autor para coñecer a súa figura humana e literaria

A sala Valente acollerá a primeira parada da exposición itinerante 'Os mundos de Carlos Casares', unha oportunidade de coñecer a faciana literaria, pero tamén humana, con máis de 500 pezas entre as que se poderán contemplar imaxes da infancia, notas manuscritas de Vicente Risco, un cinematógrafo con bobinas orixinais do autor, recortes de prensa, ou seu certificado de voda.

Casares Mouriño, autor homenaxeado polas Letras Galegas 2017, poderá ser visitado até o 21 de maio na céntrica sala ourensá. “Unha cidade debe coñecer os persoeiros que a engrandecen, porque son os seus referentes sociais, culturais, por iso recoñecer a Casares non só é unha forma de agradecerlle o moito que quixo esta cidade, e dunha forma moi activa, é tamén espallar o seu legado”, afirmou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación. Xunto a el estiveron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Håkan Casares Berg, primeiro fillo de Carlos Casares; Chus Martínez, secretaria da exposición; e Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia, localidade que será a última parada de 'Os mundos de Carlos Casares', no mes de decembro. Antes pasará por Santiago de Compostela, A Coruña, Riveira, Carballo, Vigo, Lugo e Pontevedra. A exposición pódese visitar de martes a sábado de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos de 11:00 a 13:30 horas. Os luns o espazo está pechado.

Ano de Casares. A elección de Ourense como primeira parada foi, para todos os asistentes, un acerto, xa que non se podería entender a figura do escritor sen a súa implicación na sociedade local. De feito, o 16 de maio haberá actos institucionais de homenaxe ao escritor e terá lugar, ademais, o Concerto das Letras, o 16 de maio da man da Real Filharmonía de Galicia, no que se interpretarán obras sobre textos de autores galegos coa estrea de Formiga, de Rubén Vizcaíno, precisamente a partir dun texto do libro A galiña azul de Casares -exemplar que tamén se poderá ver na exposición-.

O Concello de Ourense leva ademais, desde o mes de marzo, realizando visitas periódicas a escolares e a todo o mundo que así o solicite do Roteiro Casares, con parada nos escenarios emblemáticos da súa traxectoria.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2017-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES