Notas de prensa

Amtega e CPEIG estudan as oportunidades laborais da transformación dixital e anuncian unha wiki

Trátase dunhas xornadas divulgativas sobre tecnoloxía para nenos, pais e nais e formación en TIC para docentes e estudantes de Bacharelato. Anuncian unha wiki sobre a historia da informática de Galicia, no marco do convenio entre Amtega e o Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abordan nunha xornada as oportunidades que ofrece a transformación dixital; crearán unha wiki sobre a historia da informática en Galicia; celebrarán un ciclo de xornadas os perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, estudantes e familias. Son as liñas de colaboración recollidas no convenio que veñen de asinar a directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

O acordo posibilitará a celebración dunha Xornada sobre Transformación Dixital e Talento, que dará as claves do sector tecnolóxico, expoñendo as habilidades (tanto softskills como hardskills) demandadas e necesarias para achegar valor en todos os ámbitos da transformación dixital.

O evento será un punto de encontro para mozos e profesionais que buscan formarse nun dos sectores máis dinámicos da economía española e con máis saídas profesionais; tamén, para centros formativos que queren dar a coñecer a súa oferta educativa no ámbito da economía dixital; e para empresas que achegarán a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC.

Ademais, no marco do convenio crearase unha wiki sobre a historia da informática de Galicia que recolla o testemuño de moitos dos protagonistas na Comunidade, así como con fotografías, vídeos e gravacións. O obxectivo é crear un espazo na rede que permita, non só o acceso do público aos contidos existentes, senón continuar a recoller información para que esta tarefa continúe “viva” ao longo dos próximos anos.

O acordo establece, tamén, a celebración de varias actividades no marco do programa “Rapaciñ@s” como unha xornada sobre os menores e as novas tecnoloxías, que combinará sesión informativa para pais e nais con actividades lúdicas para os máis pequenos.

Este actividade complementarse con 20 charlas divulgativas nas principais cidades de Galicia orientadas ás dúbidas e preocupacións de pais e nais sobre a relación dos seus fillos coa Rede e orientalos sobre os beneficios e os riscos da tecnoloxía, recomendacións sobre o uso seguro dos diferentes dispositivos TIC, técnicas de control parental ou a que organismos poden acudir en caso de dúbida, entre outros aspectos.

Ante a crecente demanda de profesionais preparados para a economía dixital, o CPEIG e a Amtega celebrarán cinco xornadas formativas en distintas localidades galegas, dirixidas a estudantes de Bacharelato e ás súas familias, sobre as saídas profesionais da Enxeñaría en Informática, poñendo en valor non só a demanda de profesionais existente neste campo, senón tamén as áreas de aplicación da tecnoloxía. Deste xeito, membros do colexio darán a súa visión sobre a profesión, as saídas laborais, os perfís profesionais e as perspectivas de futuro.

Facilitar a adaptación dos empregados públicos ao novo contexto dixital é outra das liñas de actuación da Amtega dentro do Plan de Goberno e Administración dixital. Neste contexto o CPEIG impartirá seis cursos, eminentemente prácticos on-line e presenciais, nos que se formará aos traballadores en metodoloxías e técnicas que poidan aportar valor ao seu traballo diario. A Amtega achegará ao CPEIG un total 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas no acordo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (mit_ribadavia.jpg) A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. O Premio do público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA, superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social.
Foto de la tercera plana (xogar_en_verde.jpg) A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fomentará que os eventos deportivos sexan cada vez máis sustentable, grazas a liña de acción Xogar en Verde. Trátase dunha iniciativa dentro da campaña Verdear é a actitude, posta en marcha pola Xunta de Galicia, co fin de afrontar os retos e valores de sustentabilidade. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá un taller de fomento de recollida selectiva, no que participaron aos rapaces do campus da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña.

Notas

Case setenta concellos teñen proxeccións cinematográficas este verán nas súas programacións a través do circuíto cultural da Deputación da Coruña. O programa Visións da Rede Cultural leva un amplo abano de películas en 66 proxeccións ata fin de agosto. Parques, prazas ou xardíns de maneira especial convértense neste verán en salas abertas de proxeccións para o programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A Amtega convoca a XI edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres. O premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do CIXUG e do GPUL, respectivamente.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania