Notas de prensa

Medio Ambiente e a USC colaboran para mitigar o cambio climático

Medio Ambiente e a USC amplían a súa colaboración con dous novos proxectos sobre os efectos da vespa velutina e o cultivo ecolóxico co fin de mitigar o cambio climático. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recorda a participación da Universidade de Santiago de Compostela na posta en marcha da Infraestrutura Verde de Galicia, con 320.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, salientaron as novas colaboracións nas que ambas institucións se embarcan: unha investigación para paliar os efectos da vespa velutina sobre a biodiversidade e os usos de cultivos ecolóxicos máis axeitados para mitigar os efectos do cambio climático.

Esta nova colaboración foi adiantada esta mañá pola conselleira de Medio Ambiente nunha reunión co reitor da Universidade, na que abordaron as actuacións e proxectos que xa están en marcha, así como colaboracións a medio e longo prazo.

Estas dúas novas iniciativas, que suman un importe de 100.000 euros, comezarán a desenvolverse ao longo deste mesmo ano e representan dous importantes proxectos de I+d+i de gran calado ambiental. No primiero caso, levarase a cabo un estudo sobre o seu comportamento e hábitos, para deseñar novas ferramentas que faciliten o seu control; mentres que no segundo, analizaránse os cultivos agrícolas que axuden a reducir as emisións atmosféricas de CO2 e de NO2.

A conselleira tamén avanzou que a Universidade de Santiago sumaráse como terceiro grupos de investigación a un proxecto no que traballarán conxuntamente coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural e o Instituto de Estudos do Territorio, para a posta en marcha da Infraestrutura Verde de Galicia, para a que se destinarán 320.000 euros, coa que se pretende crear unha rede de espacios naturais e seminaturais planificados estratéxicamente para ofrecer unha ampla gama de servizos ecosistémicos. Engadiu que a colaboración desta institución académica tamén será necesaria no futuro Observatorio dos Ríos, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e que na actualidade está a redactar o borrador de decreto polo que se crea, e que terá unha composición multidisciplinar, con entidades da administración, sociedade civil e institucións do ámbito académico.

A conselleira de Medio Ambiente puxo en valor o vínculo entre ambas institucións, que se plasma nas actuacións que xa están en marcha, como Migramiño, que ten por finalidade mellorar a protección e conservación do hábitat fluvial do Miño no seu tramo internacional, ou outro estudo para a identificación, clasificación e localización de turbeiras presentes en Galicia, así como nos convenios asinados coa Universidade para que os alumnos podan realizar as súas prácticas nas dependendias da Consellería.

Así, todas estas colaboracións en marcha supoñen un orzamento de máis 3,6 millóns de euros, para levar a cabo proxectos que melloren as estartexias medio ambientais, que redunden na mellora das augas, da calidade ambiental, no coidado da paisaxe e da ordenación urbanística, materias de competencia directa do departamento que dirixe Beatriz Mato.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES