Notas de prensa

O Concello de Lugo implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+Biodinámico a través da web www.lugobiodinamico.eu

O novo portal informa sobre o desenvolvemento do programa e fomenta a participación dos veciños e veciñas no mesmo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade.

O Concello puxo en funcionamento a web lugobiodinamico.eu, un portal co que implica á cidadanía no proxecto europeo Lugo+ Biodinámico, unha iniciativa dotada con 3,5 millóns de euros coa que desenvolve iniciativas en favor dun urbanismo sostible e un mellor aproveitamento forestal, a nivel económico e ambiental, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e de transformar Lugo nunha cidade máis verde.

Esta nova web contén información sobre as actuacións impulsadas polo Concello no marco do programa, documentación, sección multimedia, actualidade, unha axenda, enquisas, networking e un formulario de contacto. Ademais, todos os contidos do mesmo están accesibles en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Enquisa á cidadanía

A entidade local, aproveitando esta ferramenta tecnolóxica, tamén implica aos veciños e veciñas de Lugo no desenvolvemento do proxecto europeo a través dunha enquisa que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá no desenvolvemento de estratexias de mitigación e adaptación ao cambio climático na cidade, así como avaliar o nivel de coñecemento e satisfacción do proxecto Lugo+Biodinámico e tamén as necesidades da cidadanía que poderían satisfacerse coa xeración de novas actividades empresariais ligadas ao medio ambiente. A cidadanía pode cubrir a enquisa vía on line, dunha maneira rápida e sinxela, dende hoxe ata o día 30 de abril.

Concello de Lugo, 2017-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES