
O Concello de Santiago continúa conmemorando os 180 anos do nacemento da poeta compostelá RosalÃa de Castro. Por iso, o venres 24 de febreiro, ás 20:30 horas, organÃzase un concerto no Teatro Principal para homenaxeala no DÃa de RosalÃa.
O concerto corre a cargo do grupo 2naFronteira que, en formato trÃo, interpretarán unha selección de temas de marcado carácter rosaliano. Estarán acompañados pola percusionista Marta Figueiredo. As persoas asistentes poderán escoitar cancións de varios dos seus discos e algunhas inéditas que serán dedicadas á poeta.
Algunhas das composicións son textos de Cantares gallegos que eles mesmos musicaron e outras son poemas que dedicaron outros autores a RosalÃa, como Otero Pedrayo ou mesmo GarcÃa Lorca. Levan anos versionando poemas que dalgunha maneira representan a RosalÃa de Castro e que inclúen habitualmente nos seus concertos.
O grupo 2naFronteira interpretou parte deste repertorio no Parlamento de Galicia, cando se publicou o facsÃmile de Cantares Gallegos, ou na Deputación de Pontevedra, na entrega do premio Otero Pedrayo a Neira Vilas; e recentemente, na Casa da Matanza, na Casa Museo de RosalÃa, co piano da súa familia.
Esta será a primeira ocasión na que farán un espectáculo dedicado exclusivamente a ela e preparado especialmente para esta ocasión e nunha data tan sinalada, como son os 180 anos do seu nacemento. O concerto será ás 20:30 horas no Teatro Principal e a entrada é libre até completar aforo, previa retirada de billetes na billeteira do Teatro o dÃa do concerto.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuÃto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.