Notas de prensa

A Real Academia Galega de Ciencias convoca o IV Premio Universitario de Comunicación Científica La Caixa

O físico e divulgador Jorge Mira presentou o certame nunha clase aberta na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago. Os obxectivos do premio consisten en fomentar a divulgación da ciencia e da investigación que se desenvolven nos distintos campus e achegar o xornalismo e a ciencia ao gran público.

A Real Academia Galega de Ciencias (RACG) convocou a cuarta edición do premio universitario de comunicación científica Contar a Ciencia “la Caixa”, dirixido a estudantes das facultades de xornalismo e comunicación das tres universidades galegas. Os obxectivos do premio consisten en fomentar a divulgación da ciencia e da investigación que se desenvolven nos distintos campus e achegar o xornalismo e a ciencia ao gran público. A convocatoria conta co patrocinio da Fundación “la Caixa” e co apoio da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta e da empresa tecnolóxica Primux.

A presentación do premio tivo lugar nunha clase aberta celebrada na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, na que o físico e divulgador científico Jorge Mira ofreceu unha charla na que falou sobre diversos aspectos da comunicación no mundo da Ciencia. No acto tamén interviron o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, ademais do presidente da RAGC, Miguel Ãngel Ríos, e representantes da fundación “la Caixa” e de GCiencia, o portal da ciencia galega, que participa como entidade organizadora.

Tras a gran aceptación do premio nas tres primeiras edicións, na que o certame foi desenvolvido por GCiencia, este ano a Real Academia Galega de Ciencias faise cargo da convocatoria, que mantén o patrocinio de “la Caixa” a través da súa obra social. Colaboran tamén no proxecto a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Universidades, e a empresa Primux.

Como todos os anos, poderán participar alumnos das facultades de comunicación de Santiago, Pontevedra e A Coruña. O prazo para presentar os traballos comeza o 17 de febreiro e concluirá, na súa primeira fase, o 15 de marzo. Posteriormente os estudantes seleccionados terán ata o 20 de abril para elaborar os seus traballos, que serán avaliados por un xurado presidido polo presidente da RAGC. O veredicto do xurado chegará a finais de maio e no mes de xuño celebrarase un acto no que se fará entrega dos premios aos gañadores e finalistas.

Os estudantes interesados en participar no premio terán que presentar reportaxes escritas, traballos audiovisuais –tamén fotográficos-- ou a combinación de ámbalas dúas modalidades, nas que os alumnos participantes expliquen proxectos de ciencia e tecnoloxía que se desenvolvan nunha das tres universidades galegas. Coma novidade mais destacada, este ano haberá tres traballos premiados, en lugar de dous, como viña sucedendo ata o de agora.

De acordo coas bases do premio, os alumnos (de xeito individual ou en grupos de dous) presentarán as súas propostas de reportaxe ata o vindeiro 15 de marzo. Trátase de presentar esquemáticamente unha idea que deberá desenvolverse nunha fase posterior. O xurado seleccionará as máis destacadas pola súa calidade, orixinalidade do tema tratado e o seu valor periodístico e comunicativo, que se convertirán en finalistas. Os autores dos traballos seleccionados disporán ata o 20 de abril para presentar as súas propostas xa totalmente elaboradas e feitas en galego. Ao longo das semanas seguintes publicaranse no portal GCiencia todos os traballos que pasen esa primeira proba.

O traballo que resulte gañador obterá un premio de 700 euros e un smartphone da marca galega Primux, ademais haberá outros dous gañadores que serán premiados con sendas tablets cortesía de Primux. Os traballos seleccionados na primeira fase obterán un diploma acreditativo como finalistas. O xurado estará integrado por representantes da RAGC, de GCiencia, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, de “la Caixa”, da Secretaría Xeral de Universidades e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Na última edición de Contar a Ciencia a gañadora foi a estudante da Uvigo Ariadna Cordal, quen realizou unha reportaxe sobre un proxecto de domótica para axudar ás persoas dependentes. O premio é unha iniciativa que pretende involucrar aos estudantes galegos no coñecemento da investigación que se fai nos seus campus, moi preto de onde cursan as súas titulación. Ademais, trátase de promover o xornalismo e a divulgación científica entre os futuros profesionais da comunicación.

O certame destacou nas anteriores edicións pola calidade das propostas seleccionadas. En 2016 chegaron á fase final un total de nove reportaxes que analizaban temáticas científicas moi diversas, como o uso das novas tecnoloxías para axudar as persoas dependentes, as técnicas de conservación do patrimonio arqueolóxico galego ou o uso da nanotecnoloxía para a prevención do alzhéimer.

José Luis Estévez (Real Academia Galega de Ciencias), 2017-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES