Notas de prensa

Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, clausúrase no Museo Centro Gaiás

A Cidade da Cultura prepárase para acoller ‘Da árbore á cadeira’, unha reflexión sobre a identidade propia a partir dos bosques e o deseño do moble cun elemento como fío condutor: a madeira, logo do peche da obra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade que se clausura o 19 de febreiro no Gaiás.

‘Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade’ despídese tras tres meses de exposición na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra máis ambiciosa realizada ata o momento sobre o escritor galego pechará as súas portas este domingo, clausurando así o acto central do programa preparado pola Xunta de Galicia e Acción Cultural Española para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria-Flavia.

A través de 600 pezas, a mostra recolle manuscritos e primeiras edicións das novelas máis relevantes, as que o fixeron merecedor do Nobel, do Cervantes, do Príncipe de Asturias e de decenas de galardóns. A mostra presenta unha escolla de obxetos persoais que nos permiten explorar o universo psicolóxico do novelista, dando testemuña das súas ricas relación persoais e da súa actividade como editor e ‘activista cultural’. O percorrido complétase con curiosidades, como fragmentos de películas na que traballou, ou as súas numerosas coleccións.

A entrada á exposición é de balde e durante a fin de semana terán lugar as últimas visitas guiadas: ás 12:30 e ás 18:30 horas.Ao peche da exposición prevese que máis de 6.000 persoas teñan pasado polo Museo Centro Gaiás para profundar na vida e na obra do único premio Nobel galego.

Visita con Adolfo Sotelo

Antes da súa clausura, o grupo de investigación de Cela, coordinado polo catedrático Adolfo Sotelo, un dos maiores especialistas na obra do escritor galego e comisario da mostra, achegarase este sábado para realizar unha visita guiada. Formado por nove investigadores, todos doutores da Universidade de Barcelona, o grupo de traballo está a desenvolver o proxecto de I+D ‘Hacia la obra completa de Cela’, financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

O grupo de investigadores reunirase previamente co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que os acompañará na súa visita pola mostra de Cela.

Da árbore á cadeira, o 7 de abril

A Cidade da Cultura prepárase xa para acoller a seguinte exposición, que levará por título ‘Da árbore á cadeira’. Comisariada por Carlos Seoane, a nova mostra do Museo Centro Gaiás preséntase como unha reflexión sobre a identidade propia a partir do deseño do moble e os bosques de Galicia cun elemento como fío condutor: a madeira.

Dividida en dous andares, ‘Da árbore á cadeira’ devolveranos unha ollada á esencia do nosonunhaprimeira parada na que o bosque será protagonista. Uns potentes audiovisuais envolverán ao visitante na alma das árbores, aos que acompañarán obras de grandes nomes da arte galega como Castelao, Laxeiro, Urbano Lugrís, Pamen Pereira, Luis Seoane ou Carlos Maside e unha intervención específica realizada por Jorge Perianes.

Tras esa volta á esencia, ‘Da árbore á cadeira’ porá en valor o deseño galego realizado en madeira. Desde pioneiros como Isaac Díaz Pardo, Alejandro de la Sota ou Bar Boo ata o deseño máis actual. Da cadeira realizada por Iago Seara para a visita do Papa Bieito XVI, o banco Macla de Manuel Gallego Jorreto ou as cadeiras de Tomás Alonso deseñadas para un evento no Victoria and Albert Museum de Londres.

A nova mostra do Museo Centro Gaiás abrirá as súas portas o vindeiro 7 de abril e permanecerá en exposición ata o mes de novembro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-02-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES