Notas de prensa

Galicia aposta por un pacto nacional pola educación que perdure durante varias décadas

O presidente da Xunta mantivo unha reunión co ministro de Educación, Cultura e Deporte na cal abordaron outras materias específicas da Comunidade. Ãñigo Méndez e Feijóo coinciden na necesidade dun plan de rehabilitación dos BIC ao longo do Camiño de Santiago, de cara ao Xacobeo do ano 2021.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trasladoulle ao ministro de Educación, Cultura e Deporte o apoio e o espírito construtivo da Comunidade para propoñer, acordar e alcanzar un pacto nacional pola educación que perdure durante varias décadas, baseado na calidade e cunha relación máis directa co marco laboral.

Durante a reunión mantida con Ãñigo Méndez de Vigo, Feijóo incidiu na importancia deste pacto para facer unha educación baseada na calidade e sinalou os principios que, na súa opinión, deberían inspiralo. Algúns deles, recordou, xa se están desenvolvendo no sistema educativo galego como: o fomento da implantación do plurilingüismo, a dixitalización das aulas, un maior protagonismo da formación profesional, a especialización das universidades e dos campos universitarios, e un esforzo por homoxeneizar as titulacións e por racionalizar os másters.

“En definitiva, unha educación baseada na calidade, na coordinación, en estudos que sexan interesantes para a actividade laboral, onde o peso da FP sexa moi importante e onde a formación dos profesores, a súa autoridade e o compromiso das familias no contorno educativo sexan os tres piares básicos”, precisou.

Para conseguir este obxectivo, Feijóo apostou por cambiar a metodoloxía de traballo, porque o importante, asegurou, non é empezar a derrogar para facer cousas nas cales aínda non se construíu o acordo senón conservar os piares básicos primeiro e despois analizar os efectos na lexislación vixente.

Consciente da complexidade da tarefa, o titular da Xunta afirmou que Galicia participará de forma activa, dando a súa opinión e facendo propostas.
Plan de actuación conxunto para rehabilitar os BIC do Camiño de Santiago

En relación ao ámbito cultural, a preparación do Ano Santo 2021 ocupou boa parte da reunión, e tanto o ministro como o presidente do Goberno galego coincidiron na necesidade de abordar un plan de actuación conxunto centrado en impulsar a rehabilitación dos bens de interese cultural ao longo do Camiño de Santiago.

Feijóo destacou que esa colaboración para a rehabilitación dos bens de interese cultural ligados ás rutas de peregrinación se concretará ao longo das próximas datas, co obxectivo de valorar que monumentos se deben priorizar e co obxectivo final de facer un Camiño aínda máis atractivo para os visitantes.

O presidente da Xunta concluíu poñendo en valor o esforzo do Goberno central e do Executivo galego para levar a cabo a rehabilitación total da Catedral de Santiago, “para que no ano 2021 sexa a mellor catedral de todos os anos santos celebrados ata agora”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES