
O Xurado calificador dos traballos presentados ao XLI Certame xornalístico BEGONTE E O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro convocante, BLANCA PACÍN SOMOZA, bibliotecaria; XULIO GIZ RAMIL, xornalista, e JOSÉ RODRÍGUEZ Gómez, Secretario do Centro Cultural begontino, acordou conceder os seguintes premios:
* PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600 e estatuíña de Sargadelos para o traballo titulado NON CRIN NOS REIS MAGOS ATA OS 70 ANOS, publicado en Galicia Digital por Xosé Manuel Carballo Ferreiro.
1.- ttp://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17064.php
2.- ttp://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17065.php
* SEGUNDO PREMIO, dotado con 300 e estatuíña de Sargadelos ao traballo titulado HUELLAS DE PEREGRINO, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17259.php
*Pola calidade dos traballos, acordase conceder cadansúa Mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos aos traballos:
CAMINO DE VUELTA A LA FE, publicado en Galicia Digital por Beatriz Valcárcel, co seudónimo Begontina.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17267.php
e GARDADOS NO FAIADO, publicado en Galicia Digital por Xosé Ramón Escourido Basanta.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17258.php
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.