Notas de prensa

A Agadic trae a Galicia a primeira residencia do Serieslab 2017 do Festival de cine de Turín (Italia)

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu os participantes e titores internacionais deste encontro formativo, centrado no desenvolvemento de guións para series de televisión, que ten lugar para profesionais no Hotel NH en Santiago Compostela ata o domingo 22 de xaneiro.

Unha vintena de profesionais de toda Europa participan en Santiago de Compostela na primeira das tres residencias do encontro SeriesLab, que este ano dá comezo en Galicia grazas á colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o TorinoFilmLab. Este programa formativo está promovido polo Museo Nacional do Cine de Turín e vinculado ao coñecido festival de cinema da devandita cidade italiana, ademais de contar co apoio do subprograma MEDIA de Europa Creativa.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, recibiu hoxe o alumnado e os titores deste primeiro ‘workshop’ do SeriesLab 2017, centrado no desenvolvemento de guións para series de televisión e para o que foron elixidos nove proxectos europeos. Ademais destas propostas, tres proxectos galegos recibirán unha titoría específica no marco desta colaboración coa Consellería de Cultura: ‘The Writer’, de Manuel Darriba; ‘The Brussels Blueprint’, de Alphonse de la Puente e Guillermo Madjarian; e ‘Chrysalis’, de Samuel Lema e Daniel Froiz.

A residencia consta de catro xornadas de traballo no hotel NH Collection de Santiago durante as que os participantes seleccionados –entre os que se atopan guionistas e directores profesionais dos países adscritos a MEDIA– están a traballar xunto cos titores internacionais nas súas respectivas propostas cara ao deseño do episodio piloto e a presentación da proposta global no foro de coprodución internacional Series Mania. Asistirán tamén a diferentes sesións de grupo, ademais de obter unha primeira valoración da acollida dos seus proxectos a través de presentacións públicas.

No marco do SeriesLab 2017 organizaranse dúas sesións informativas, abertas a todos os profesionais da industria audiovisual galega. A primeira delas terá lugar baixo o título ‘Temporada a temporada: consideracións sobre o desenvolvemento de series’ e será impartida polo guionista Nicola Lusuardi, xefe de estudos do encontro. A segunda programouse para a mesma hora do sábado 21 e correrá a cargo do tamén guionista Stefano Sardo, coautor da serie italiana ‘1992’, quen abordará o papel do ‘showrunner’ nas producións europeas.

Este laboratorio intensivo, que inclúe sesións de seguimento en liña, terá continuidade do 10 ao 15 de marzo cun segundo ‘workshop’ que reunirá os participantes na rexión italiana de Friuli Venezia Giulia, mentres que o último se celebrará do 15 ao 21 de abril en París no marco do foro Series Mania, onde os participantes exporán os seus proxectos nun ‘pitching’ internacional e manterán reunións na procura de socios para as súas series.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES