Notas de prensa

Xosé Otero Canto gaña o Premio do XLI Certame de Poesía do Nadal

O poema "Xesús ficou espidiño", do lucense Xosé Otero Canto, gaña o primeiro premio do XLI Certame de Poesía do Nadal convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte.

En Begonte, reúnese o Xurado calificador dos traballos presentados ao XLI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural “José Domínguez Guizán” e patrocinado por Abanca, formado por : JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, presidente do Centro Cultural convocante; XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, poeta, e XULIO GIZ RAMIL, xornalista, que actúa como Secretario. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

1.- Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema XESÚS FICOU ESPIDIÑO, presentado baixo o lema ALTARIUM por XOSÉ OTERO CANTO de Lugo.

2.- SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao poema BO NADAL, do que resultou ser autor BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO (Mero), de Xanceda-Mesía (A Coruña).

3.- Pola calidade dos traballos presentados, concédense cadansúa MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuíña de Sargadelos aos poemas:

- SONETOS, POR LA ROSA DE LOS VIENTOS, A DIOS RECIÉN NACIDO EN BEGONTE, presentado co lema CECILIO ACEBO DEL VALLE, por ANTONIO-ESTEBAN GONZALEZ ALONSO, de Cacabelos(León) e

- NAVIDEÑAS, GLORIA Y PAZ… presentado baixo o lema NAVIDAD: HE AQUÍ EL PARAÍSO, por JESÚS RIAL VARELA, de Ferreiros-O Pino (A Coruña).

Os premios entréganse o 28 de xaneiro, sábado, no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE.

Belén de Begonte, 2017-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES