
Quedou aberta na Casa da Cultura de Begonte, a exposición dos traballos presentados ao Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, impulsor do Belén Electrónico de Begonte.
É un total de 19 obras que concorriron á XXVII edición deste Certame de Arte, dotado con 1.500 euros e estatuíña de Sargadelos, e que desde o pasado trinta de decembro ao doce deste mes estiveron expostas na sala de arte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
En Begonte estarán expostas ata o día 28 de xaneiro (data na que se efectuará a entrega de premios e clausura de O Nadal en begonte), podendo ser visitadas de 9 a 14 horas, en días laborables, na Casa de Cultura begontina.
Fotografía: "Reflejos en el puerto", obra gañadora dunha Mención de Honra neste certame.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.