Manuel Carballeira Rivas gaña o Certame Galego de Arte José DomÃnguez Guizán
O xurado do XXVII Certame Galego de Arte José DomÃnguez Guizán decide conceder o primeiro premio a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”. Concedéronse tamén tres mencións de honra a outras tantas obras pola súa calidade.

Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÃN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÃA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÃNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÃGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto.
Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
• Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÃNGUE GUIZÃN, dotado con 1.500€ e estatuÃña de Sargadelos, a MANUEL CARBALLEIRA RIVAS, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”.
Pola calidade das obras presentadas, concédense cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuiña de Sargadelos, aos autores das seguintes obras:
• “Reflejos en el puerto”, de FERNANDA FERNÃNDEZ SUÃREZ de Vigo.
• “O Pedrido”, de FRANCISCO MACEIRA RODRÃGUEZ, do Ferrol.
• “Babelia”, de VICENTE J. ROURA GÓMEZ, de Pedrafita-Guitiriz.
Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE, a celebrar o 28 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.
Xulio Xiz, 2017-01-03
Actualidad

A Rede Galega de Teatros e Auditorios desenvolverá e ata decembro unha nova programación con 223 funcións escénicas e concertos en 39 concellos das catro provincias. Coa carteleira preparada para o segundo semestre de 2026 chégase ao 30º aniversario deste circuÃto autonómico, fundado en 1996 e cofinanciado pola Xunta e as entidades locais asociadas para favorecer unha oferta estable de espectáculos maioritariamente producidos en Galicia desde os principais escenarios galegos. A programación, que se inicia o venres 11, ás 20,30 horas coa montaxe Coralinda a cargo de Elefante Elegante na Sala BahÃa de Foz, reúne ata finais de ano as propostas de 109 compañÃas e grupos de teatro, danza, música, circo e maxia.

Durante o ano 2025 desenvolveron unha intensa actividade tanto no ámbito da inspección como no das emerxencias marÃtimas. No eido da protección dos recursos mariños realizou 9.760 inspeccións en todo o litoral galego e detectou 2.589 infraccións da normativa pesqueira. Ademais, foron retiradas máis de 36.000 artes de pesca ilegais ou sen identificar e incautáronse preto de 28.000 quilos de peixe e marisco capturados de maneira irregular. En materia de seguridade marÃtima, o servizo atendeu 140 emerxencias, 90 de busca e salvamento e 50 de loita contra a contaminación mariña.
Notas
Persoal investigador de oito universidades reuniuse na UVigo, nunha xornada promovida polo proxecto de investigación Esmas-Es+, que ten como obxectivo o deseño dunha ferramenta de etiquetado semántico automática e multilingüe, que facilite a análise do significado das palabras e expresións por parte dos sistemas informáticos. É unha ferramenta que permite automatizar a asignación de etiquetas de significado ás palabras dun texto.
Entre o 13 e o 31 de xullo desenvolverase unha nova campaña de escavación arqueolóxica no Alto de San Cibrán, entre os concellos de Ponteareas e Salceda de Caselas, no marco do proxecto de investigación Castelos no Aire. A intervención dará continuidade aos traballos iniciados en 2024, que permitiron identificar este enclave como un dos centros fortificados máis relevantes da Alta Idade Media na contorna do rÃo Miño.