Notas de prensa

Grupos musicais galegos participan no circuíto portugués OuTonalidades da Asociación d’Orfeu

Agadic colabora coa Asociación d’Orfeu para a participación de grupos musicais galegos no circuíto portugués OuTonalidades. Os artistas interesados deben inscribirse na plataforma dixital lusa ata o 31 de xaneiro para acceder ao proceso de programación para o último cuadrimestre de 2017.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación cultural lusa d'Orfeu acadaron un acordo de colaboración para a participación de grupos musicais galegos na 21º edición do circuíto portugués OuTonalidades, que se desenvolverá no país veciño de setembro a decembro de 2017.

As bandas e solistas galegos, de calquera estilo musical, interesados en optar a esta programación teñen de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro para formalizar a súa inscrición na plataforma dixital de OuTonalidades, onde deben rexistrar todos os seus datos. Cos inscritos, d'Orfeu comporá unha bolsa de espectáculos pre-seleccionados dispoñibles, clasificados en función dos seus cachés de contratación. Posteriormente, os espazos adheridos a OuTonalidades serán os que escollerán os grupos que integrarán o calendario final de concertos.

A participación dos grupos estranxeiros en OuTonalidades só se permite aos que teñan establecido un intercambio mediante unha asociación ou entidade pública ou privada do seu país de orixe que garanta un sistema de intercambio con artistas portugueses. A Xunta de Galicia a través da Agadic e seguindo a súa política de proxección exterior para a cultura galega e para os espectáculos producidos en Galicia, será a administración que apoie esta iniciativa. A acción enmárcase, ademais, no cumprimento da Lei 1/2014 de 24 de marzo, de aproveitamento da lingua portuguesa e para afondar nos vínculos coa lusofonía, a coñecida como ‘Lei Paz-Andrade’.

OuTonalidades funciona desde 1997 como un circuíto de distribución e circulación da música ao vivo, que abrangue na actualidade teatros, auditorios e locais de toda a xeografía portuguesa, ademais doutros puntos da península ibérica e de Francia. Ademais, nos últimos dous anos estableceu alianzas con eventos internacionais lusos como os festivais Bons Sons e Andanças e con Brasil. Para o seu desenvolvemento, conta cos apoios da Direcção-Geral das Artes do Ministério da Cultura de Portugal, da Câmara Municipal de Ãgueda e do Instituto Português do Desporto e Juventude.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES