Notas de prensa

O CDG combina espectáculos e talleres teatrais para o público infantil na súa programación de Nadal

O Salón Teatro acolle a obra Xurdefet, de Berrobambán, os días 22 e 23; ‘O poder de Amabel, de Pérez & Fernández, o 29 e 30; e A danza da choiva, de Elefante Elegante, o 7 e 8 de xaneiro de 2017, xunto a outros tantos obradoiros. Gran teatro para os máis pequenos é o título do ciclo para o que se poden adquirir diferentes bonos.

Gran teatro para os máis pequenos é o título do ciclo co que o Centro Dramático Galego celebra o Nadal xunto ao público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Pensando nos espectadores máis novos, a compañía pública deseñou un programa que combina tres espectáculos das compañías Berrobambán, Pérez & Fernández e Elefante Elegante xunto a outros tantos talleres que buscan achegarlles aos nenos e nenas diferentes aspectos do oficio teatral baixo o lema ‘Saca o artista que levas dentro’.

Esta programación arranca o xoves 22 e venres 23 de decembro coa montaxe ‘Xurdefet’, de Berrobambán, mais un obradoiro sobre luz e iluminación. Na súa nova proposta, a compañía compostelá parte de textos do poeta francés Jacques Prévert para construír unha historia sobre as lembranzas da infancia dunha muller que, como os animais, non quería medrar nunha gaiola.

Chiqui Pereira dirixe e interpreta este espectáculo xunto a Paula Carballeira e Nuria Sanz. As funcións no Salón Teatro darán comezo ás 19.00 horas, mentres que o Taller da Luz terá lugar eses días, ás 17.00 horas.

Actores e monicreques

Nos mesmos horarios desenvolverase a proposta preparada para a última semana do ano: ‘O poder de Amabel’, de Pérez & Fernández, mais o Taller de Monicreques. Xosé Leis e Victoria Pérez dirixen este espectáculo a partir do libro de Érica Esmoris, que interpretan sobre as táboas a propia Victoria Pérez e Manu Fernández. Trátase dunha peza de actores e monicreques sobre unha pequena cunha familia na que todos os seus membros teñen algún superpoder. Para descubrir cal é o seu, embárcase nunha serie de aventuras xunto ao seu amigo Braulio.

Xa en xaneiro será a quenda de ‘A danza da choiva’, de Elefante Elegante, e do Taller do Son. Neste caso as funcións terán lugar o día 7 ás 19.00 horas e o día 8 ás 18.00 horas, mentres que o obradoiro desenvolverase o 7 ás 17.00 horas e o 8 ás 16.00 horas. Elefante Elegante combina teatro xestual, danza e manipulación de obxectos e monicreques neste espectáculo sen palabras que se pregunta que acontecería se de súpeto deixase de chover para sempre.

Prazas e reservas

Coa finalidade de facilitar a conciliación familiar durante as festas, o Centro Dramático Galego oferta 30 prazas para cada unha das dúas sesións dos talleres de luz, monicreques e son, que serán adxudicadas por orde de reserva a través do teléfono 881 867 229. Os nenos e nenas poden participar sós nestes obradoiros, en tanto que nas funcións é necesario que estean acompañados por un adulto. Durante estes cursiños, impartidos por Elea López, obterán unha perspectiva diferente sobre os espectáculos que verán despois, ao tempo que coñecerán como funciona o teatro por dentro.

A entrada aos talleres está incluída no bono especial de Nadal, que abrangue tamén catro entradas para calquera dos espectáculos ofertados por un prezo total de 24 euros. Ademais, existe a posibilidade de adquirir tres entradas para un mesmo espectáculo a prezo familiar (18 euros), así como billetes individuais a 8 euros.

Fóra do bono, a tarifa dos obradoiros é de 5 euros cada un e o pago farase desde media hora antes do comezo dos mesmos na billeteira do Salón Teatro, onde poderán mercarse tamén os bonos e entradas. A venda anticipada xa está dispoñible na web entradas.abanca.com.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES